
Mondoñedo, 1 de xullo de 2019-. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convocará mañá a través do DOG a primeira orde de axudas para a adquisición de vivendas en centros históricos dirixida especificamente ao colectivo de menores de 35 anos. Así o anunciou esta mañá a conselleira Ángeles Vázquez durante unha visita a Mondoñedo, un concello cun dos centros históricos máis antigos de Galicia e onde os mozos interesados poderán acollerse a esta novidosa liña de subvencións, dotada en total de 800.000 euros.
Concretamente, a Xunta subvencionará con ata 12.800 euros a compra de inmobles localizados nos centros históricos dalgunha das sete grandes cidades e con ata 10.800 euros no caso de que a vivenda se emprace no casco vello de calquera outro concello. “O que queremos é levar aos mozos aos centros históricos das nosas vilas para que leven a cabo o seu proxecto de vida”, explicou Vázquez Mejuto, quen recalcou que a Xunta é consciente de que este colectivo é un dos que máis dificultades ten á hora de independizarse e acceder a unha vivenda, xa sexa en réxime de alugueiro ou en propiedade.
Este tamén é o fin doutra das liñas de axudas que ofrece o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) aos menores de 35 anos. Así, a conselleira referiuse á convocatoria realizada o pasado mes de xaneiro da orde de axudas para a adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes, dirixida tamén ao colectivo de mozos. Segundo as estimacións da conselleira, a través destas subvencións, tanto das convocadas o ano pasado como das deste, a Xunta axudará a arredor de 150 mozos a adquirir unha vivenda en propiedade.
Ángeles Vázquez aproveitou a súa visita a Mondoñedo para facer un repaso polos principais piares da política en materia de vivenda que está a impulsar o seu departamento, lembrando que en 2019 ten previsto mobilizar máis de 53 millóns de euros a través da convocatoria de 17 liñas de axudas diferentes: 11 delas en materia de rehabilitación de inmobles e as seis restantes, co fin de facilitar o acceso a unha vivenda.
Así, referiuse en concreto a algunhas das axudas que están a ter un impacto máis visible e beneficioso no Concello de Mondoñedo, como é o caso das subvencións dirixidas ás Áreas de Rehabilitación Integral (ARI), un total de 69 no conxunto de Galicia ás que hai que sumar á ARI dos Camiños de Santiago e a das Illas Atlánticas, a última en constituírse e a primeira de carácter insular. Precisamente, Ángeles Vázquez avanzou que mañá sairán publicadas no DOG as bases reguladoras das ordes de axudas que se convocarán proximamente para poder intervir e actuar este ano con fins rehabilitadores en calquera dos 126 concellos que abrangue a ARI dos Camiños –entre eles, o de Mondoñedo- e nos catro municipios que conforman a das Illas Atlánticas.
A nova Lei de Rehabilitación
Un exemplo máis desta aposta pola recuperación do patrimonio xa construído, tal e como explicou a conselleira, foi a aprobación da Lei de Rehabilitación de Galicia. En vigor desde o 22 de maio, este novo marco normativo é o primeiro en regular na comunidade esta materia partindo do principio básico de que “non hai maior desprotección para unha edificación que o seu abandono” e asumindo o reto de abrir un novo escenario propicio para a rehabilitación edificatoria e a rexeneración urbana, que contribuirá a dar vida aos nosos cascos históricos.
Nesta liña, Ángeles Vázquez anunciou que o Consello da Xunta daralle o visto bo a unha instrución sobre a nova lei para garantir que a súa aplicación práctica sexa áxil e homoxénea en toda Galicia. Así, explicou que nela clarificaranse conceptos relativos á concesión de licenzas por parte dos técnicos municipais ou ás normas que serán de aplicación directa, co fin de que o novo marco legal cumpra a súa función de simplificación, coordinación e axilidade administrativa á hora de rehabilitar, garantindo á vez a protección do patrimonio.
As Áreas Rexurbe e a revitalización dos centros históricos
Precisamente un dos obxectivos da nova Lei de Rehabilitación pasa por facilitar instrumentos e medidas que abran un novo escenario para darlle vida aos nosos centros históricos. Para iso, a norma crea unha nova figura: as chamadas Áreas Rexurbe de interese autonómico pensadas para núcleos históricos ou zonas especialmente degradadas que precisan dunha resposta áxil e integral tanto desde o punto de vista edificatorio como social, económico e mesmo ambiental.
Así, a conselleira referiuse tamén ao programa Rexurbe impulsado por primeira vez o ano pasado e que aínda que conta cun funcionamento diferente, baseado na compra de edificios nun número concreto de conxuntos históricos por parte do IGVS para a súa posterior rehabilitación, comparte tamén ese mesmo obxectivo de recuperación e posta en valor os cascos vellos como lugar para vivir.
De feito, lembrou que Mondoñedo é un dos sete concellos nos que a Xunta puxo en marcha o Rexurbe en 2018, cunha actuación de rehabilitación nun edificio da rúa Muíños de Arriba que permitirá dispoñer de dúas novas vivendas, e á que se lle dará continuidade este ano, xa que está previsto pechar un acordo co propietario do inmoble anexo para poder ampliar a intervención do IGVS neste barrio mindoniense.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.