Viveiro 9-7-19. Tras a finalización da XIV do Resurrection Fest, dende o concello queremos facer balance e valorar positivamente que a edición máis multitudinaria rematase sen incidentes graves. A coordinación e o intenso traballo desenvolto tanto polos corpos de seguridade como pola propia organización do festival permitiron que todo saíse segundo o previsto e que Viveiro se convertise, un ano máis, no epicentro mundial deste tipo de música. A todos os que velaron pola seguridade de veciños e visitantes ao longo desta intensa semana, a nosa máis sinceira gratitude.
Dende o Concello de Viveiro tamén queremos agradecer publicamente á organización do festival polo gran traballo realizado, por superarse en cada edición e por facer de Viveiro e do Resurrection Fest un fenómeno sociocultural de esta magnitude, batindo nesta edición os seus propios récords con 102.053 entradas en catro días.
Tamén queremos agradecer ao persoal do concello e empresas concesionarias dos servizos municipais polo seu traballo antes, durante e despois do festival, un traballo que garante a prestación de servizos durante eses días e a volta á normalidade tras o seu remate.
Finalmente, como non podía ser doutra maneira, o noso agradecemento aos veciños e veciñas de Viveiro. Creo que unha parte importante do éxito do Resurrection Fest depende do entorno no que se celebra e da empatía mutua entre visitantes e veciños, dos que cómpre destacar a súa amabilidade, respecto e tolerancia. Nesta mención quero agradecer dunha maneira máis especial aos veciños e veciñas de Celeiro, por seren eles os que “sofren” máis intensamente as medidas adoptadas para garantir a seguridade -con cortes de tráfico e accesos restrinxidosos-, os ruídos e demais consecuencias dun festival evidentemente
altera a rutina diaria.
Grazas a todos por facer posible que novamente o Resurrection Fest sexa un referente internacional para Viveiro e, por suposto, un recordo para Melchor Roel, o anterior alcalde, que foi o primeiro en crer neste festival e apoialo nos seus inicios.
A Alcaldesa,
Asdo.: María Loureiro García.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



