Foz, 27 de xullo, 2019. A casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz acolle os vindeiros 29,30 e 31 de xullo e o 1 de agosto unha nova edición das xornadas de historia de Foz organizadas pola asociación A Pomba do Arco desde fai vinte e catro anos e que xa se teñen convertido nunha referencia inescusábel da programación cultural focega en un punto de encontro de todas as xentes d´A Mariña amigas da historia.
O camiño de Santiago por Foz
As xornadas arrancan o luns 29 de xullo ás 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz cunha palestra a cargo do historiador focego Xoán Ramón Fernández Pacios titulada “O camiño de Santiago por Foz”. O investigador mariñán é unha destacada referencia dos estudos xacobeos no noso concello e no conxunto da Mariña, sendo autor de diversas publicacións inescusábeis no tema, como son os seus traballos sobre o Hospital de peregrinos de San Martiño de Mondoñedo ou o seu volume sobre o Camiño de Mar, que partindo de Ribadeo, percorrería toda á area costeira da Mariña até chegar a Ferrol, onde ligaría co Camiño Inglés. Unha das achegas centrais da tese de Pacios é documentar toda unha rede de hospitais de peregrinos na area costeira da Mariña, comezando polos existentes en Ribadeo, continuando polo de San Martiño de Foz, seguindo polo de Lieiro en San Cibrao e rematando no Hospital de Santa Ana de Celeiro.
A masonería na Mariña nos séculos XIX e XX
O martes 30 de xullo ás 20:30 a casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz acolle unha palestra do historiador coruñés Carlos Pereira Martínez sobre “A masonería na Mariña nos séculos XIX e XX”. Pereira Martínez, autor dunha abondosa obra bibliográfica centrada fundamentalmente na Idade Media e na época contemporánea, é unha das voces máis autorizadas no ámbito dos estudos sobre a masonería, con diversos traballos publicados en diferentes medios galegos. Pereira comezará o seu percorrido pola masonería n´A Mariña reparando nas agrupacións de masóns que funcionaron nas últimas décadas do século XX con diversas loxas operando nas localidades de Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo, onde se significaría a persoa do medico e escritor Manuel Leiras Pulpeiro. A súa palestra rematará referíndose aos núcleos masónicos existentes no período republicano antes de que o franquismo iniciase unha persecución brutal do mesmo, con loxas funcionando en Viveiro, cuxa relación de membros aínda se conserva, un triángulo na parroquia do Vicedo de San Román do Val e membros aislados noutros concellos que participan en loxas de Lugo, A Coruña, Ferrol ou Xixón.
O século XIV. Un momento decisivo para A Mariña.
O mércores 31 de xullo ás 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz o ensaísta e investigador Francisco Rodríguez Sánchez impartirá unha palestra titulada “O século XIV. Un momento decisivo para A Mariña”, onde nos achegará a unha centuria chave para entender a realidade da nosa comarca. Rodríguez, autor dunha ampla produción bibliográfica no ámbito dos estudos sociolingüísticos, literario e históricos, até o punto de que algunhas das súas obras son referencias inescusábeis nestes materias, explicaranos os cambios que se producen en Galiza e na nosa comarca no contexto dos enfrontamentos da guerra dos cen anos e do petrismo e o trastamarismo. A consecuencia destes feitos nacerá o Condado de Ribadeo, entregado por Enrique de Trastamara ao mercenario francés Pierre Villaines que o apoiou na guerra contra os galegos, a revolta dos veciños de Viveiro contra o bispo de Mondoñedo e a consecución da vila de reguengo ou a clausura do porto da Masma polos Trastamará, que fanará as posibilidades do desenvolvemento comercial de Foz.
Obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular.
A clausura da actual edición das xornadas correrá a cargo do antropologo pontevedrés Rafel Quintiá Pereira que falará o xoves 1 de agosto ás 20:30 na casa da cultura “Poeta Manuel María” de Foz sobre os “Obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular”.Antropologo profesional, fundador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca e tamén fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega, director da publicación Fol de Veleno. Revista de historia e etnografía de Galiza e autor dunha ampla bibliografía, entre a que destacaremos Análise estrutural e simbólica do mito da moura galega, Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia e Ritualista protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega. A palestra de Quintiá Pereira achegaranos á antropolxía dos obxectos curativos, como a pedra do raio, ou dos amuletos, alguns deles como o ollomao, e moi especialmente aos vinculados ao mundo do mar, ligando ao papel que cumpren na nosa cultura e na area atlantica e portuguesa






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



