Mondoñedo 13 de xullo de 2019.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participarou hoxe, xunto con voluntarios, na presentación do cartel do XXVIII Mercado Medieval, que se celebrará na localidade os días 9, 10 e 11 de agosto.
Como cada ano o casco histórico encherase con preto de 150 postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación que deleitarán aos asistentes.
A alcaldesa, Elena Candia, anunciou que, como cada ano, presentarán esta feira medieval en varias vilas e cidades entre as que se atopan, entre outras, Ribadavia (onde se celebra a coñecida Festa da Istoria) ou Santiago de Compostela, cidade na que haberá un pequeno espectáculo.
Nos vindeiros días darase o Concello de Mondoñedo dará a coñecer a programación completa deste Mercado Medieval. Neste senso, o concelleiro de Cultura, Alberto García, avanzou como novidades desta edición un concerto de música andalusí, cristiá e sefardí que leva como título “La Mujer en el Al-Andalus” así como unha interpretación histórica sobre Mondoñedo a cargo da Asociación Cultural Pasatempo.
Ao mesmo tempo Alberto García confirma que se seguirá a apostar polos espectáculos que máis gustan: o torneo medieval, o campamento medieval e infantil, actuacións de rúa durante todo o día e cea do sábado, entre outros.
Agradecemento
A alcaldesa, Elena Candia, agradece aos voluntarios e traballadores do Concello, ao comercio e hostalería local e a todas aquelas persoas que se involucran neste evento cultural tan imporante que devolve a Mondoñedo á época medieval durante uns días, ano tras ano.
Por último, Elena Candia destaca que o éxito deste evento, declarada Festa de Interese Turístico Galego, é grazas á implicación de todos os veciños e veciñas de Mondoñedo.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



