Ribadeo, 19 de xullo de 2019. O Grupo Municipal Popular de Ribadeo salienta o investimento do Goberno galego de máis de 140.000 euros para a renovación e mellora da estación de autobuses en Ribadeo.
O voceiro popular, Daniel Vega, recorda que “as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 8 de agosto”. O prazo de execución será de catro meses, polo que “as obras comezarán a finais de ano”.
O popular indica que “as actuacións que vén de licitar a consellería de Infraestruturas e Mobilidade permitirán aos usuarios e usuarias da terminal ribadense contar cunhas instalacións máis cómodas e eficientes”. Así mesmo, a estación de buses ofrecerá máis información sobre as liñas dispoñibles e os seus horarios.
Vega pon en valor que “a Xunta de Galicia segue a investir en Ribadeo en beneficio de todos e todas. E a renovación e mellora das instalacións da terminal de autobuses de Ribadeo é unha nova mostra do compromiso do Goberno de Feijóo coa nosa vila”.
Actuacións concretas
As actuacións que se prevén realizar na estación de autobuses de Ribadeo afectarán tanto ao seu interior coma ao exterior. Concretamente, será renovada a cuberta da dársena incluíndo a substitución do canlón existente. Tamén se reparará a instalación eléctrica e se substituirán a maioría das luminarias, ademais de instalar pantallas informativas electrónicas.
No seu exterior proxéctase a reparación do pavimento da zona de saída dos autobuses -coa reposición de mestura bituminosa e a reparación do pavimento exterior de formigón-. Tamén se propón a colocación dun rótulo informativo de “estación de autobuses”.
E o seu interior verase mellorado coa reparación dos falsos teitos que se atopan en mal estado, a substitución dos elementos de carpintería e material sanitario; así coma coa aplicación de pintura nas paredes.





















Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.



