A Mariña, 3 de xullo, 2019. Os populares poñen en valor o investimento de máis de 277.000 euros na mellora de centros educativos da comarca da Mariña por parte da Xunta de Galicia. Dende o Partido Popular destacan “estas achegas adicionais por parte da consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que complementarán as obras xa previstas para executar este verán en relación á mellora da eficiencia enerxética de colexios e institutos de nove municipios da comarca”.
Estas reformas, que contribuirán á mellora, principalmente, da seguridade e accesibilidade de 17 centros educativos tendo en conta as prioridades de cada un, “permitirán a súa posta a punto de cara ao inicio do vindeiro curso 2019-2020 ao seren executadas as obras este verán para non interferir no habitual desenvolvemento do curso escolar”.
Os populares da Mariña agradecen este esforzo inversor que permite “actuar en todos os centros e en todos os concellos ao longo destes anos” atendendo os requirimentos trasladados pola comunidade educativa.
Obras concretas
Á reforma integral do CEIP Virxe do Carme (Burela) hai que engadir unha nova achega de máis de 10.500 euros dirixida á reparación da cuberta do patio exterior do centro. Así mesmo, para a renovación da rede de fontanería, calefacción e depósitos de gasoil do IES Monte Castelo tamén achega o Goberno galego máis de 23.300 euros.
Os colexios do municipio de Foz veranse beneficiados de máis de 20.600 euros cos que será posible substituír a caldeira do Nº1 de Foz –onde están xa previstas tamén obras para a súa rehabilitación integral- e o arranxo dos canalóns do CEIP O Cantel.
Os baños da planta baixa do edificio principal do CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo serán reformados cun investimento de máis de 31.000 euros e o cambio da carpintería nas instalacións da Granxa do IES San Rosendo requirirán unha achega de máis de 18.000 euros por parte da Xunta de Galicia.
Cun algo máis de 30.400 euros a consellería de Educación permitirá levar a cabo diversos arranxos tamén no CEIP da Pontenova e o de Riotorto verá reposta a súa carpintería grazas a un investimento de preto de 29.000 euros. No caso do colexio de Santa María do Valadouro, as actuacións a desenvolver serán as da renovación da rede de fontanería cunha achega de máis de 14.500 euros; mentres que no Vicedo se acometerán obras no pavimento das aulas de infantil con preto de 6.000 euros.
En Viveiro son un total de seis os centros educativos nos que actuará a Xunta este verán achegando unha suma de máis de 78.500 euros. As obras a acometer serán as de renovación de aseos na primeira planta do CEIP Lois Tobío, o cambio de portas no primeiro andar do CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, a substitución da caldeira do IES María Sarmiento, a reforma do patio infantil do CEIP Santa Rita, o cambio de ventás no IES Vilar Ponte e distintas reformas na Escola Infantil San Roque.
As actuacións previstas nos centros de ensino da Mariña rematarán coa renovación da cuberta do patio exterior do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove que require un investimento de preto de 15.000 euros.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



