A apertura dos estacionamentos do muelle, tras as obras de derribo dos galpóns e o acondicionamento posterior, supón unha grande alegría por tratarse dunha actuación necesaria e imprescindible para Viveiro, demandada dende hai 25 anos -como se recolle estes días na prensa local- tanto polos diferentes gobernos como pola propia cidadanía.
Esta satisfacción non desvirtúa o noso gran malestar polas xestións realizadas pola Xunta de Galicia con respecto á execución das obras. As concesións dos galpóns quedaron liberadas en decembro de 2017 e dende entón houbo tempo máis que suficiente para axilizar as actuacións que agora se anuncian con grande pomposidade, obviando unha mala xestión que motivou que este estacionamento estivera pechado en época estival, coincidindo con dous dos eventos con maior aglomeración de persoas, como o Resurrection Fest ou a Feira Renancentista, provocando o malestar dos veciños e veciñas de Viveiro, dos visitantes, dos comerciantes e hostaleiros, que foron os que sufriron as súas consecuencias. Neste sentido cabe lembrar que dende o concello sempre se tratou de facilitar o aparcamento, contactando coa Tesorería Xeral da Seguridade Social, para habilitar a explanada situada ao lado de Correos, e con Puertos de Galicia, para poder usar o porto deportivo, sendo conscientes das necesidades existentes.
Pero o que resulta totalmente indignante é que se aproveite a apertura deste espazo para comparar este estacionamento co párking subterráneo ou coas prazas ORA, destacando a gratuidade dun fronte aos outras, como si iso fora unha novidade ou unha información que motive o seu anuncio. O aparcamento do muelle sempre foi gratuíto e só faltaba que agora o fixeran de pago. Pero é máis, cando se fixo o parking subterráneo, xestionado por Aparcamentos A Mariña, e cando se instaurou o sistema ORA no Concello de Viveiro gobernaba, precisamente, o Partido Popular. Entendemos que os actuais concelleiros do PP naquel momento non estaban vinculados á vida política municipal, pero deben saber que antes de facer declaracións cómpre verificar a información e que, en caso de descoñecemento deben informarse facendo uso das hemerotecas ou mediante consultas dentro do seu propio partido. Consideramos, ademais, que este anuncio a bombo e platillo por parte dos concelleiros do PP na corporación está totalmente fóra de lugar, parece que foron eles os que lograron o arranxo do muelle e nada máis lonxe da realidade.
É máis, debemos preguntarmos cómo se deben interpretar as declaracións do grupo municipal do PP; acaso queren dicir que no suposto de que eles gobernaran o aparcamento subterráneo e a zona ORA serían gratuítos? Non o creo.
Cada unha destas tres zonas ten unhas características e unha finalidade concretas e, polo tanto, non poden compararse. O zona ORA, por exemplo, instaurouse coa intención de ter unha alternativa para estacionamentos breves para favorecer tramitacións ou compras dentro do casco, moi diferente a unha área de estacionamento permanente.
Por todo isto, creo que vén moi ao caso a cita que encabeza esta nota: perdónales, señor, por que no saben lo dicen.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



