A Deputada de Economía, Mayra García Bermúdez, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, xunto a outras autoridades, participaron este sábado na inauguración da XXXV Feira do Bonito da localidade mariñana, que se celebrará ata mañá domingo, co recoñecemento, por primeira vez, de Festa de Interese Turístico Nacional. García Bermúdez subliñou que a Deputación colabora achegando 8.500 euros a esta gran festa gastronómica “para fomentar o turismo na Mariña e promocionar un dos nosos recursos pesqueiros máis importantes do que viven miles de familias lucenses e que constitúe un auténtico motor para o desenvolvemento económico da provincia”.





















Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



