Viveiro, 7 de agosto, 2019. A moción presentada pola concelleira Míriam Bermúdez propoñía a aprobación da elaboración dun plan económico plurianual de investimentos, onde estivesen representadas todas as forzas políticas con representación municipal e representantes do tecido asociativo. A elaboración de este plan debería estabelecer as prioridades en materia de investimentos e figurarían no mesmo as obras a executar, as partidas que previsibelmente necesarias para a súa execución, o cronograma de actuacións das mesmas e a fase de execución na que se atopa cada investimento previsto.
O BNG solicitou ao pleno da corporación local a adopción do seguinte acordo:
Aprobación da elaboración dun Plen Económico plurianual (2019-2023) en materia de investimentos no concello de Viveiro por parte do Goberno Municipal.
Crear unha comisión de seguimento que se reuniría no plazo acordado no pleno onde se aprobe o Plano Económico plurianual de investimentos que sexa aprobado polo pleno da corporación municipal.”
O resultado da votación no pleno:
8 votos a favor, correspondentes dos concelleiros dos grupos do PP, Por Viveiro, BNG e Son Viveiro.
8 votos en contra, correspondentes dos concelleiros do grupo do PSOE.
Producíndose o empate repítiuse a votación co mesmo resultado, procedéndose ao desempate mediante o voto de calidade da Alcaldesa que vota en contra desta moción, alegando que conta cos votos do veciñanza, quedando así rexeitada a moción presentada polo BNG.
O BNG de Viveiro agradece o apoio do resto de grupos e considera unha pena que a alcaldía non considere relevante o apoio do tecido asociativo e do resto de forzas políticas para levar a cabo as actuacións necesarias en materia de inversión, sometendo ao concello a 4 anos máis de desleixo e improvisación ocasionando unha pésima xestión que redundará no perxuizo dxs veciñxs de Viveiro.
Evidénciouse así a falta de maioría do goberno local xa que de estar presente unhas das concelleiras que se ausentou neste pleno, a moción sairía adiante. A Alcaldesa deberá ter en consideración o ocurrido e comezar a escoitar e considerar a oposición que conta coa maioría dos votos, 4364 fronte aos 3781 do PSOE, polo que ten que gobernar para a veciñanza de Viveiro e non só para os votantes do PSOE.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



