Viveiro, 28 de agosto, 2019. A plataforma veciñal que se formou en días pasados e que veu realizando diferentes concentracións a favor da praia de Celeiro, organiza unha marcha en defensa da ría de Viveiro, co fin de esixir o urxente saneamento da ría de Viveiro e a realización das obras necesarias para eliminar os vertidos existentes, que terá lugar o sábado 31 de agosto de 2019, ás 18:00 horas, dende a praia de Celeiro ata o espigón de Celeiro, cunha duración estimada de unha hora. Esta iniciativa conta co apoio total do Concello de Viveiro, polo que se realiza un chamamento para animando a todos os veciños e veciñas a que o vindeiro sábido participen na marcha convocada, entendendo que o saneamento da ría de Viveiro é un problema que afecta a todos os veciños e veciñas, pois aínda que naceu en Celeiro, por ser a máis afectada este verán, afecta a todo Viveiro.
Aproveitando esta convocatoria quérese facer constar que dende o Concello de Viveiro non se vai a entrar no cruce de acusacións que estes días se veñen realizando por parte da Xunta de Galicia con respecto ás tramitacións que dende a administración local se veñen realizando e os prazos das mesmas. Nos expedientes consta a data de entrada e saída de cada un dos escritos que o integra; esa documentación ponse a disposición dos veciños que queiran consultala para comprobar que o concello sempre contestou a cada un dos requerimentos relativos a expediente da EDAR coa máxima dilixencia posible.






















O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



