Ribadeo, 28 de agosto de 2019. Segue no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Ribadeo, o VIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza APAGA (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). Os máis de 80 participantes asisten esta maña a conferencias nas que se está a falar de Saint Globain: a solución completa para o acabado do automóbil, de Nocións e fundamentos dos lubricantes para motor, de Organización de talleres e de Transmisión automática 8HP. Xa pola tarde seguirán os talleres de soldadura, climatización, caixa de cambios DSG e apertura de vehículos.
Hoxe ás 19:30 horas terá lugar a presentación do novo proxecto Erasmus + de mobilidade: Calidade, eficiencia e cooperación na Formación Profesional. E mañá, xoves, á mesma hora celebrarase a asemblea xeral de APAGA.
Xa o venres pola mañá seguirán as conferencias e pola tarde será a homenaxe ao empresario Eduardo Barreiros, que coincide co cen aniversario do seu nacemento. Álvaro Doural, o presidente de APAGA, lembrou onte que “o venres teremos un acto que creo que vai ser moi emotivo e que, como as demais actividades do Fórum, está aberto a todos os que queiran vir. Creo que pode ser moi interesante porque vamos contar co director da película sobre Eduardo Barreiros, que é Simón Casal; o actor principal, Manuel Regueiro; e un grupo de enxeñeiros que traballaron na factoría de Barreiros en Madrid, para rematar coa intervención do xornalista Martín Fernández Vizoso, que falará sobre Barreiros en Cuba. Esta actividade vai ser no salón de actos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias a partir das cinco da tarde e rematará cun viño e uns pinchos, co que concluirá este oitavo Fórum”.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



