Viveiro, 28 de agosto de 2019. NORMATIVA INSCRIPCIÓNS CURSOS 2019/2020
NATACIÓN INFANTIL, NATACIÓN NENOS E ESCOLAS DE NATACIÓN
1-Natación infantil ofertase para nenos nados entre 2014 e 2015, mentres que natación nenos para os nados entre 2006 e 2013. As escolas ofertaranse para os nados entre 2013 e 2014
2-A pre-inscrición ó comezo do curso farase de maneira presencial ou telefónica , previa proba de nivel no caso de ser necesaria e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno poderase pre-anotar nun único grupo e asignaráselle un número no momento da inscrición informando do total de prazas ofertadas para o posterior sorteo.
Os nenos que non cursasen natación ou causaran baixa no ultimo trimestre do curso pasado deberán pasar proba de nivel, agás os nados no 2015 que se ubicarán directamente en Iniciación infantil 1.
3- Datas: tanto as de pre-inscrición coma as do trimestre faranse públicas na instalación e demais medios de comunicación locais, con antelación suficiente ó inicio do correspondente trimestre.
Para o primeiro trimestre o prazo será do 30 de agosto ao 5 de setembro para inscicion e proba de nivel, e o sorteo farase o venres día 6 de Setembro.
A data de comezo do primeiro trimestre será o 30 de setembro e finalizará o 12 de decembro.
4- Sorteo: Farase un sorteo xeral para todos os cursos. Sortearanse non só as prazas ofertadas en cada curso, tamén as que formarán parte das listas de espera, e terán orde de preferencia en función da orde de saída dos números no sorteo.
Os nenos que gañasen unha praza no seu grupo, quedarán automaticamente inscritos e de non estar finalmente interesado deberán comunicalo no prazo de unha semana ou pola contra quedarán obrigados ao pago da taxa correspondente.
O sorteo será aberto ao publico, farase no salón de actos do concello ás 11.00 horas do venres día 6 de setembro. O resultado será publicado no tablón de anuncios do Concello, na Piscina Municipal e redes sociais da Concellería de Deportes.
5-Terán preferencia no segundo e terceiro trimestre:
Os nenos que cursaran natación no primer trimestre do curso e non causaran baixa durante este. Neste caso non será necesaria nova inscrición, quedarán automaticamente inscritos.
Os nenos anotados en listas de espera durante o último trimestre cursado sempre e cando queden prazas libres.
Se quedase algunha praza non cuberta polos nenos anteriores, faríase novamente o sorteo para adxudicar as mesmas. Estableceranse con antelación as datas de inscricion para este sorteo.
6-O cambio de nivel farase cada trimestre de maneira obrigatoria e automatica , sen necesidade de nova inscripción, para todo aquel que acade os obxectivos e poderá supoñer un cambio nos días e horas do curso.
O neno que non continúe no curso deberá comunicalo na recepción do centro, antes do comezo do novo trimestre.
7-Con carácter xeral, un curso poderá ser anulado cando non se acade a cobertura mínima do 50% das prazas ofertadas
8-A dirección do centro poderá modificar, anular ou engadir algún curso que por motivos técnicos-organizativos considere necesario.
Por outra banda, infórmase de que a piscina municipal vai impartir un Curso Monitor Cross Force os días 15, 22 e 29 de setembro, para o que se pode obter máis información na piscina ou chamando ao teléfono 982570610.























A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



