Lourenzá, 20 de agosto, 2019. A partir do día de hoxe todos os alumn@s que queiran inscribirse por primeira vez nalgunha sección das Escolas poden facelo: fútbol, fútbol sala, baloncesto, atletismo, campo a través, duatlon, ciclismo e patinaxe. Son en total 8 deportes que apostan pola continuidade das últimas tempadas.
A cuota é de 6 euros ó mes e pódense elixir todos os deportes que se desexe. O abono farase mediante cargo bancario na conta indicada na ficha de inscripción no mes de outubro. As idades van dende a categoria pitufos ata xuvenil.
Unha vez cuberta a ficha de inscripción, debe ser entregada no Concello de Lourenzá ou ben directamente ó monitor deportivo se o alumn@ xa está adestrando.
Tamén se pode facer a inscripción online, sen desprazamentos. Só hai que cubrir o formulario que se atopa en www.edlourenza.blogspot.com
A roupa oficial do club tamén está á disposición a través da páxina das escolas.
O pack de competición terá un coste de 70 euros (Plumífero, Chándal e Polo) para os alumn@s e soci@s das Escolas Deportivas. A maiores hai a opción de sudadeira, chubasqueiro, camisetas adestramento, chaqueta corta, etc.
Os alumn@s que xa formaron parte de edicións pasadas non necesitan renovación.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
