Foz, 2 de agosto, 2019. O grupo municipal do Partido Popular de Foz sorpendido de cómo o bipartito contradice ao seu propio compañeiro e exportavoz socialista na oposición o Sr Linares, e votan en contra da baixada proposta do IBI ao 0,40 que eles mesmos pediran, e valoran seguir coa concesión do servizo da auga que este descartaba.
O grupo municipal do Partido Popular quedou decepcionado da postura novo goberno bipartito ao que tildou de Veleta, por contradecirse xa no primeiro debate da lexislatura, e ingratamente sorprendido pola actitude do Alcalde contra a nosa formación, chegando incluso a limitar o tempo de intervención do noso portavoz, cando so unicamente había dúas mocións no orde do día que eran precisamente as levadas polo PP de Foz.
Castiñeira, criticou ao resto de partidos recriminandolles “….que nin o bipartito do Goberno nin FPF, trouxeron ningunha moción ao primeiro Pleno da lexislatura sabendo incluso que no mes de agosto non haberá actividade plenaria, sendo o Partido Popular o único que está exercer esta responsabilidades política no primeiro trimestre da lexislatura, ….se por vostedes fora en todo o verán non haberia un so Pleno…”
Pero o que máis sorprendeu aos populares, foi a actitude do Alcalde respeto ao noso portavoz e a o noso grupo en xeral, cando cortou a primeira intervención do Sr Castiñeira antes de rematar a exposición de motivos que era totalmente acorde cos tempos que sempre se deixaron en pasadas lexislaturas cando presidía a corporación o agora portavoz popular, quedando todos moi sorprendidos.
Ante esa inxusticia e abuso de poder do Alcalde Cajoto, Castiñeira contestou de forma sistematica, “…Vostede pretende eliminar as voces críticas, a nos os veciños puxéronnos na oposición precisamente para controlar e fiscalizar a labor do goberno dende o primeiro día igual que nos fixeron no seu momento os Srs Rivera, Cancio e Basanta cando nós eramos goberno, é con máis razón cando se comeza a gobernar facendo o contrario do que dicía hai poucos meses na oposición….”, e tal e como se acabou vendo no debate onde o bipartito xa non defende nin a municipalización da auga nin a baixada do IBI ao 0,40 como pediron cando estaba na oposición.
Prosigeu Castiñeira “ …nunca se limitaron as intervencións de esta maneira, especialmente neste caso que so hai 2 puntos no orde do día e os dous precisamente presentados polo propio grupo popular, e con máis razón ainda cando so hai un grupo que está facendo unha oposición real ao goberno, pero parece que iso é o que lle molesta ao Alcalde que abusa da autoridade cando non lle gusta o que escoita..”
Lamentou tamén Castiñeira, “…a falta de puntualidade mostrada nas comisión e no propio pleno e a actidude dos concelleiros socialistas máis do Presidente da corporación polas innumerables faltas de respeto, risas e chismorreos nas miñas intervencións e que denota a falta de rodadura política e a ausencia de argumentos no debate, que esperamos vaia mellorando co paso do tempo..”
Con respeto á Municipalización da auga, Cajoto contradí ao seu proio Concelleiro Linares, e agora a Municipalización non é prioritaria, e proba delo é que NON ACEPTOU a APOSTA feita polo noso portavoz, “… Apostolle unha cena para todos os presentes, incluido o público, A QUE NON MUNICIPALIZA A AUGA, mire ben o que lle digo, chegalles con cumprir o que prometían na oposición , si o fan comprometome a pagar eu a cena, pero si apostan pola concesión como nos creemos e fan o contrario do que dixeron pagarán vostede e o Sr Fanego…”
Respecto á baixada do IBI o Bipartito volveu a contradecir ao Sr LInares, anterior portavoz socialista e ausente o día de onte, e VOTARON EN CONTRA DO QUE ELES MESMOS PRESENTARON NA PASADA LEXISLATURA NUNHA MOCIÓN PARA BAIXAR O IBI AO MÁXIMO QUE PERMITE A LEI DO 0,40.
So FPF aprobou as dúas mocións que presentou o PP que foron DESCARTADAS polo rodillo do BIPARTITO Psoe-Bng
Sen outro particular, Reciban un saúdo de Javier Jorge Castiñeira, portavoz do grupo municipal do Partido popular de Foz.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



