Viveiro, 2 de agosto, 2019. O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro lamenta que o Concello rexeitara ofrecer formación para o emprego a un maior número de desempregados viveirenses. Nese sentido, censuran que o Goberno municipal non solicitase ningún obradoiro de emprego dirixido na súa totalidade a este municipio.
“Parécenos gravísimo que se desperdiciase unha oportunidade coma esta”, sobre todo, indican, “porque está enfocada á mellora da empregabilidade e ofrece contratos laborais durante un mínimo de nove meses”. O que fixo a entidade local foi compartir obradoiro con outros dous concellos da zona como son Ourol e O Valadouro, o que provoca que o número de persoas desempregadas de Viveiro beneficiadas sexa moito menor que se dispoñese dun propio.
Os edís do PP consideran que “a situación é aínda máis criticable se temos en conta que o Goberno galego concedeu tódolos obradoiros de emprego que foron solicitados”. Isto implica que, se non fose pola decisión dos socialistas, Viveiro podería ter hoxe desenvolto dous obradoiros -un dirixido a menores de 30 anos en situación de desemprego e outro, para persoas desempregadas de maior idade- dos que se beneficiarían un total de 40 persoas -20 prazas en cada un-.
900 parados
Engaden, tamén os populares, que “os gastos son sufragados integramente pola Xunta de Galicia”; polo que “non suporía o desembolso de nin un só euro das arcas municipais”; de aí que non entendan qué argumentos levaron ao Goberno local a non pedir este tipo de iniciativas en materia de promoción do emprego, pois en maio -mes no que se debería de ter solicitado o obradoiro- existían 900 desempregados no municipio.
Por outra banda, tamén censuran que intenten xustificar esta decisión “nunha posible denegación ao ter a escola taller en precario, cando tempo tivo dabondo para buscar outra alternativa de non ser viable a súa reparación, e non esquecemos que o ano pasado tampouco o solicitaron e está todo nas mesmas condicións”.
É por este motivo, polo que consideran que os socialistas “deberían de dar explicacións públicas a estes parados dos motivos polos que rexeitaron unha oportunidade coma esta” e conclúen: “parécenos tan grave que, tendo en conta que un concello cama este, no que hai moita xente sen traballo desgraciadamente, os nosos dirixentes desperdicien calquera opción de poder darlles unha oportunidade laboral…”.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



