Mondoñedo, 2 de agosto de 2019.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, acompañada da directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, e dos representantes dunha das asociacións que participa activamente na organización e desenvolvemento do Mercado Medieval -Asociación Cultural Pasatempo-, e da entidade encargada da animación -Hípica Celta-, continuou este venres en Santiago de Compostela a rolda de presentacións da XXVIII edición deste festexo, que se celebrará na cidade mariñana os días 9, 10 e 11 de agosto.
Declarada xa Festa de Interese Turístico Galego, tal e como subraiou Nava Castro, contará con preto de 150 postos e máis de 80 actividades. Deste xeito, durante eses tres días, nas rúas do casco histórico da cidade, os visitantes poderán mercar distintos produtos de artesanía e alimentación, pero tamén gozarán da ambientación da época grazas ás demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación.
Elena Candia convidou aos santiagueses e a todos os galegos a achegarse eses días a Mondoñedo para gozar “dunha cita senlleira que mestura tradición e innovación”, e que se iniciará co pregón de Concepción López, filla de Pepín Agrelo; un dos impulsores deste encontro lúdico e cultural.
Principais atractivos
Un dos principais atractivos do evento será, debido a que é a primeira vez que se celebra no marco deste festexo, o concerto de música andalusí, cristiá e sefardí: “La Mujer en el Al-Andalus”, e a interpretación histórica sobre Mondoñedo a cargo da Asociación Cultural Pasatempo, tal e como apuntou na presentación o propio integrante da mesma.
Ademais das bodas medievais que son, segundo apuntou Candia, “outro dos puntos fortes desta edición”, haberá outro tipo de espectáculos como o torneo medieval ou o campamento medieval e infantil, e numerosas actuacións de rúa durante os tres días que dura a celebración.
Protagonismo para a Catedral
Coa programación deste ano, a organización tamén quere dar protagonismo á Catedral, onde se proxectará un xogo de luces na propia fachada. Será o sábado 10, día no que tamén se poderá desfrutar do espectáculo aéreo e do circo.
“Con isto suplimos o números de lume, que este ano non os hai para cumprir co plan de seguridade, garantindo así que non se produza ningún incidente. A cambio, iluminaremos a nosa Catedral cun impresionante espectáculo de luces que merece a pena ver”, explicou a alcaldesa.
“O éxito é traballo de todos”
A entidade local é un dos axentes impulsores desta iniciativa que xa é un referente na comarca e que cada ano gaña visitantes e participantes. Con todo, tal e como remarcou a máxima mandataria do Concello, o mercado non se podería levar a cabo sen os voluntarios, traballadores municipais, o comercio, hostalería local e outras tantas persoas que colaboran para que cada edición vaia a máis. “O éxito é traballo de todos”, informou.
Logo de presentalo esta mesma semana en Oviedo e hoxe en Santiago, Elena Candia continuará dando a coñecer esta cita festiva nos vindeiros días noutros lugares de Galicia.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



