Neste caso trátase da Baixada do Río Sor en Kayaks. Saída en furgonetas de Actividades Estaca desde o Porto do Vicedo ata Ribeiras do Sor onde se embarca nos kayaks para baixar ata O Vicedo. Prezo: 17€. Duración 2h. Durante a baixada poderemos disfrutar da zona de Ribeiras do Sor, San Fiz, Creximil, Illa de S. Martín, Pontes sobre o Río Sor, O Barqueiro, Arealonga e Porto do Vicedo. As inscricións deben facerse no 982 59 01 95 antes do martes ás 21h.






















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



