Mondoñedo, 13 de agosto de 2019.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, pon en valor que o Conxunto Etnográfico do Vilar, inaugurado esta mañá, contribúe a desenvolver a oferta turística do Concello e a identificar a cidade como un destino con actividades da natureza “sumamente atractivo”.
A rexedora precisa que este proxecto integral, que inclúe un albergue da natureza, unha aula da natureza e un centro de recepción BTT que se porá en funcionamento proximamente, supón unha “aposta pola natureza como valor seguro que sempre debemos coidar e protexer”. A rehabilitación do conxunto etnográfico deu comezo o 5 de novembro do ano 2003.
O acto de inauguración contou coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, membros da Corporación mindoniense e outros representantes das administracións; ademais de propietarios dos terreos cedidos, familiares e representantes do tecido asociativo de Mondoñedo.
Agradecemento á familia e aos veciños
Elena Candia dixo que “estamos ante un acto de agradecemento á familia dona dos terreos e dos inmobles” pola súa “xenerosidade” na cesión e pola ilusión que os “moveu a formar parte dun proxecto turístico integral para a cidade. Unha familia motivada polo obxectivo de contribuír ao desenvolvemento cultural e turístico de Mondoñedo”.
A rexedora tamén fixo extensible estas palabras de agradecemento aos veciños e veciñas polo seu bo acollemento e disposición ante este proxecto co “que queremos seguir sumando para posicionar Mondoñedo como un lugar atractivo para os amantes da natureza”.
Constancia e colaboración, claves na consecución de proxectos
A alcaldesa de Mondoñedo tamén destaca que “a constancia e a perseverancia” son “claves” na consecución de proxectos ao que lle suma a importancia da “colaboración e do entendemento entre as distintas administracións para acadar iniciativas que achegan “valor engadido ao rural, son respectuosas coa natureza e preservan o medio ambiente”.
Candia quixo convidar, así mesmo, a “apostar por iniciativas emprendedoras á beira do Camiño Norte coas que dar a coñecer tamén o noso patrimonio etnográfico e o noso entorno natural único”.
O Conxunto Etnográfico do Vilar
O Conxunto Etnográfico do Vilar, situado sobre o Camiño Norte a 4,5 quilómetros da cidade de Mondoñedo pola estrada de Maariz, consta dun albergue da natureza conformado por varias vivendas, unha aula da natureza en un futuro queremos que sexa centro de recepción BTT. Trátase dun “espazo privilexiado” no entorno do río Valiñadares dende onde se aprecia a entrada da cavidade máis extensa de Galicia, a Cova do Rei Cintolo.
O albergue, que conta con 54 prazas e tódolos servizos, constitúe pola súa localización un lugar ideal para o aloxamento de peregrinos e tamén de grupos organizados e independentes que procuren un lugar tranquilo e cómodo dende onde realizar actividades na natureza.
A aula da natureza é o espazo para a recepción dos visitantes onde se ofrece unha aproximación á prehistoria local e a aspectos da flora, fauna e xeoloxía do entorno. É ademais o inicio da Ruta Arqueolóxica de Mondoñedo.
O Conxunto Etnográfico do Vilar tamén suma o “importante aliciente” que supoñen as novas tecnoloxías, con todo o necesario á disposición dos seus usuarios. Entre elas, a rexedora citou a posibilidade de uso de gafas en 3D.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



