Debido a que son dous dias consecutivos festivos, os negocios abrirán o mércores pola mañá para que tanto visitantes como clientes habituais poidan facer as súas compras no comercio de Viveiro. Animamos a vivir o ambiente e as actividades programadas para as festas, pasear polas rúas de Viveiro e desfrutar da gastronomía dos locais de hostalaría da vila.