Trabada, 2 de agosto, 2019. Os populares lamentan que a alcaldesa “non propuxese medidas atractivas” para que as familias escolaricen os seus fillos en Trabada. Os edís do PP fan esta valoración “porque temos a matrícula máis baixa da Mariña, e probablemente de toda a provincia, polo que antes de ir a buscalos a Guadalaxara ou a Senegal, o lóxico sería crear máis oportunidades para que os de aquí elixan non irse fóra”. E é que, o curso académico 2018-2019 tivo 14 rapaces escolarizados no municipio, ademais doutros 10 que, malia estar censados neste concello, cursaron os seus estudos noutros lugares e incluso noutras Comunidades como a de Asturias.
Con todo, os populares queren deixar claro que non se opoñen a que o concello acolla familias de ditos lugares, pero si que consideran “lóxico” que a entidade local debería de propor antes actuacións que estimulen ás familias a escolarizar os rapaces en Trabada, á marxe incluso da preferencia dos proxenitores para elixir o colexio dos seus fillos.
“O que debería de facer é algo atractivo para os de aquí, e para que, en vez de ir a buscalos a Senegal ou Guadalaxara, os que están escolarizados fóra de Trabada, queden aquí”, remarcan.




















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



