Burela, 14 de setembro, 2019. O Pescados Rubén Burela FS arrincou a Tarde Laranxa levando o derbi irmandiño na xornada inaugural de Primeira RFEF (4-1). Logo de avantaxar con 2-0 na primeira parte, as pupilas de Julio Delgado e Lucas souberon como frear as ganas e o bo regreso dun Poio Pescamar moi renovado.
As supercampioas de España saltaron á pista no debut de Primeira RFEF 2019-20 ante un Poio cunha defensa alta. Silvia Aguete converteuse nunha das grandes protagonistas da cita; Ale de Paz, no minuto 6, non puido gañar no man a man ante a súa ex-compañeira. Con 14 minutos por diante, as pontevedredas cargáronse coas cinco faltas. Lara Balseiro non desaproveitou a oportunidade desde os dez metros. Ale nos seguintes compases a punto estivo de subir o segundo cun disparo na área cuxa traxectoria conseguiu variar a defensa visitante e foise alta. No 9 a combinación entre Luci e Cilene volveu probar a rede de Silvia Aguete. No 12 Jenny Lores atopou un gran espazo tras recuperación laranxa. Quixo sorprender o Poio en contragolpe ante Ana Romero, pero nun erro o balón regresou á ofensiva mariñá e Andrea Feijoo anotou na súa meta en tentativa de despexe en lanzamento de Jenny Lores. O terceiro puido chegar a falta de 4 para o descanso nas zapatillas de Ale de Paz, nunha gran caza e incursión da nedense que recolleu Bea Mateos en rexeite, sen éxito. Silvia mantivo ás pontevedresas unha vez máis, antes do descanso, ante Peque. O Pescados Rubén, de novo nas zapatillas de Lara Balseiro, tivo unha nova oportunidade en dobre penalti, que evitou o pau.
Dani Sousa, no reinicio, non puido aproveitar a primeira ocasión, cun balón que se foi alto ante Jozi. Antía Pérez, moi activa na cita, bloqueou o balón de Ale de Paz na pista laranxa e recuperou para reducir distancias, no 24. Precisamente a nova 17 burelista a punto estivo de sorprender de novo, no 26, tras roubo. As de Julio Delgado e Lucas volveron poñer en apertos ao Poio pouco despois, con roubo de Jane que se estrelou contra o pau. Ana Rivera tamén quixo buscar a recompensa á contra; tras dúas accións infrutuosas da 28 visitante no 29, o Peixes Rubén sacou xogo de cinco liderado por Bea Mateos. Jenny conseguiu ampliar a renda no ecuador do segundo acto, co terceiro, de falta, esperando no segundo pau a iniciativa de Cilene. O Poio contraatacou con Irene García rozando a portería.
Con seis minutos por diante, as de Raúl Jiménez apostaron por Antía Pérez como porteira xogadora. Intentaron as locais cazar os desaxustes do Poio; a falta de 1’21” para o final conseguírono; Peque culminou a porta baleira tras recuperación de Jenny. Nos últimos compases Lara Balseiro dispuxo doutro dobre penalti, que se foi desviado.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Peque, Lara Balseiro, cinco inicial; tamén xogaron Jane, Jenny, Jenny Lores, Ale de Paz, Luci, Bea Mateos, Jozi
Poio Pescamar FSF: Silvia Aguete, Andrea Feijoo, Antía Pérez, Irene García, Dani Sousa, cinco inicial; tamén xogaron Clara, Miriam, Carol, Anna Escribano, Ana Rivera
Goles: 1-0, minuto 7, Lara Balseiro (d.p.); 2-0, minuto 13, Andrea Feijoo (p.p.); 2-1, minuto 24, Antía Pérez; 3-1, minuto 30, Jenny, 4-1, minuto 39, Peque
Árbitros: Vilas López // Otero Mira (Ourense). Por Burela amarela para Ale de Paz (minuto 28), Dany (minuto 28), Jenny Lores (minuto 33)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 1 de Primeira RFEF disputado en Vista Alegre ante máis 500 persoas. As burelistas ofreceron os últimos trofeos da vitrina laranxa á incondicional afección, 4Nations Futsal de Milán e Supercopa de España, con corredor do Poio.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
