Ribadeo, 20 de setembro de 2019. O Concello ofreceu unha recepción a Tania García Martínez, xogadora ribadense de rugby que se proclamou campioa de España de clubs na liga DHF de Rugby XV. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Igualdade e Deportes, Mariluz Álvarez Lastra e Jorge Díaz, e o técnico de Deportes, Iván López.
A edil de Igualdade dixo que “é un orgullo sempre para o Concello de Ribadeo galardoar ás nosas deportistas, con nome feminino, que poñen o nome de Ribadeo en valor alí onde van, e sobre todo en deportes tan minoritarios e tan estereotipados relacionados co tema de xénero, onde as mulleres asiduamente no adoitan participar, e menos nun concello tan pequeniño como o noso. É unha honra, un pracer e un orgullo, e son un referente para o resto de rapazas do noso concello, para que vexan que calquera disciplina deportiva, con esforzo, con tenacidade e con ansia de disfrutar do que é o deporte e do que nos aporta ás nosas vidas, tanto na saúde física, na saúde mental como na nosa vida persoal, que podemos facelo”.
Mariluz Álvarez quixo “animar a todas as rapazas do noso concello, que se vexan reflectidas nestas deportistas, neste caso na disciplina do rugby, nas edicións pasadas como tivemos a Ana con nós e hoxe como temos a Tania, e a todas outras moitas pequenas e rapazas que están por aí loitando por acadar eses podios, que saiban que sempre van ser recibidas no noso Concello, que para nós é unha honra e que as seguiremos apoiando incondicionalmente sempre. Grazas a Tania por poñer enriba da mesa o teu grao de area para que o rugby sexa coñecido e para poñer ás mulleres no seu lugar en todos os ámbitos da vida, pero sobre todo no deporte, porque as nosas condicións familiares, as nosas cargas e os papeis sociais que levamos tido ao longo da historia nos permiten non ter ese tempo de ocio nin poder disfrutar nin participar tanto na vida deportiva como na vida social tanto como nós quixéramos. Entón moitas grazas a vos. É un orgullo que xente nova como vos estades aí e sexades rompedoras en todo isto”.
O alcalde manifestou que “nos agradan moito todos os deportes, non falamos mal de ningún porque todos son moi bos, pero nos agradan especialmente estes deportes que son minoritarios, que incluso sendo minoritarios en Ribadeo non levan moito tempo. E agrádanos ver como ultimamente estamos recibindo xente loitadora e que acada postos reseñables, como é o caso de Tania. Insisto que hai deportes máis maioritarios que son igual de duros, máis ou menos, que a veces teñen a virtude de que son máis mediáticos, nas teles, despois dos telediarios, sempre tes a ración dun deporte máis maioritario e doutros, pero de rugby moi pouquiño. Entón é de destacar que Tania contribúe, desde a súa posición, a poñer o noso nome de Ribadeo por aí adiante e queremos que se recupere desa lesión deportiva e que siga defendendo o nome de Ribadeo e ademais a cuestión de xénero por encima de todo”.
A xogadora ribadense Tania García Martínez deu “as grazas por este recoñecemento que para nós é bastante importante dado que é un deporte minoritario, entón agradecemos que se nos recoñeza o esforzo. Por suposto, cando me recupere, tanto eu como Anita seguiremos levando o nome de Ribadeo ata onde cheguemos, por algo é onde empezamos”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
