Lourenzá, 22 de setembro, 2019. O pasado Xoves dia 19/09/2019 tivo lugar o pleno ordinario da corporación, o cal estivo marcado por unha orde do dia cun baixo contido.
Como punto a salientar, da orde do dia levado polo goberno local, está a marcaxe dos dias festivos locais para o 2020, que ficarán do seguinte xeito: 25 de Febreiro ( Martes de entroido ) , 31 de Agosto ( Luns do Conde Santo ).
Tamén foron presentadas, por parte do goberno local, 695 resolucións da alcaldía. Dende o grupo do BNG fixemos constar da nosa incorformidade co modo de achegar os concelleiros/as esta documentación. Entrégasenos o luns previo o pleno, para revisala antes do xoves as 20:30. Revisar case 700 documentos en menos de 3 dias non é viable para ninguén, por isto solicitamos que ditas resolucións sexan entregadas a cada concelleiro mes a mes, coincidindo coa documentación entregada das xuntas de goberno. Dende a alcaldía din non ver problema a facelo de este xeito e que se fará a consulta a secretaria do concello de como realizalo, esperemos que a partir de agora se modifique esta situación.
Na parte de rogos e preguntas só o BNG presentou, previo pleno, cuestións para ser tratadas.
O BNG de Lourenzá rogou por:
1. A colocación de 2 espellos que faciliten a visibilidade na conducción, 1 no aparcadoiro sito diante do hotal “A unión”, e outro no cruce entre A Cazolga e a estrada de Oirán o cal xa conta co poste para colocar dito espello.
Dende a alcaldía responden que o da cazolga será colocado o antes posible, e que se estudará a colocación do espello diante do hostal “A unión”.
2. Pontenciar e arranxar as rutas de sendeirismo coas que xa conta o noso concello, pero están en nulas, ou case, condicións de uso. A recuperación e conservación das áreas etnográficas dos Muiños da Valiña, a caleira, e a Fonte da Espiñardá que forman parte da ruta do val, e a ruta de San Rosendo, así como o arranxo da Aula da Natureza. Lugares e patrimonios cos que temos a sorte de contar, e cun pouco de agarimo e esforzo farían de Lourenzá un lugar máis atractivo para veciños e visitantes.
Dende a alcaldía responden que ditas rutas son moi extensas e iso é un problema para a súa conservación e potenciación. Para o BNG a extensión non pode ser unha excusa para deixar morrer ditas rutas, se non un aliciente para coidalas e mimalas.
3. É preciso xestionar os fedores que temos cos contedores de basura, sobre todo na plaza “Cesar Chavarría” , solución que pode pasar por un uso responsable dos comercios cos residuos, e con limpeza periódica dos contedores.
Dende a alcaldía responden que estudarán que medidas tomar para evitar ditos fedores.
O BNG de Lourenzá preguntou por:
1. Ten constancia o grupo de goberno de que o pasado 23/08/2019 un todo terreo derrubou un poste do tendido eléctrico no lugar de “A cazolga”? Derrubo de poste que fixo ficar as casas da contorna e a área recreativa sin luz pública ata o dia de hoxe.
Dende a alcaldía responden que si, pero que se está a esperar que o seguro do vehículo se faga cargo do arranxo. Dende o BNG creemos que non se pode esperar a que o seguro se faga cargo, debese arranxar dende o concello, e despois que sexa o seguro quen se faga cargo dos costes do arranxo.
2. Unha vez rematada a tempada estival é momento de facer “recontos”, cantos visitantes pasaron pola oficina de turismo?
Dende a alcaldía responden que entre os meses de xuño a setembro 681 persoas pasaron por dita oficina. O BNG ve este dato con preocupación, e co convencemento de que queda moito por facer para que Lourenzá sexa un lugar atractivo a visitantes.
3. Os membros do BNG de Lourenzá recibimos queixas de veciños, de que o tractor municipal estaba parado, o tempo que se contrataron servizos de unha empresa externa para a realización de limpezas e desbroces. Vai esta situación a continuar, procedendo así a privatizar un novo servizo municipal?
Dende a alcaldía responden que é certo que esa situación aconteceu, pero por avería da maquinaria, e que non se privatizará dito servizo.
4. Vimos observando, tanto membros do partido como veciños, que o ximnasio municipal está sendo usado por xente de forma privada. Ten constancia o grupo municipal do uso privado dunha instalación pública?
Dende a alcaldía responden que se enteraron recentemente de dita situación, e procederon a cambiar a pechadura e pendurar un cartaz informativo de que o ximnasio será arranxado e posto en funcionamento con xestión municipal o próximo 4 de Novembro.
Ós membros do BNG observamos que dito cartaz apareceu pendurado o martes, cando dita pregunta foi feita de forma oficial, polos mecanismo legais, o luns.
5. Trala modificación dos salarios dos órganos de goberno, e sin haber unha modificación dos presupostos, non temos constancia de que partida saen ditos salarios ou si foi modificada algunha partida mediante unha resolución da alcaldía. ( Serianos imposible sabelo porque non é posible revisar 695 resolucións ).
Dende a alcaldía responden que non houbo modificación algunha.


















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



