Lugo, 3 de outubro de 2019. O Deputado de Deportes Efrén Castro, a tenente de alcalde da Pastoriza Elva Carreira e o director de PTC Escuela, Antonio Solórzano, presentaron esta mañá a oitava edición do programa Volante Deputación, unha iniciativa que pretende achegar a afeccionados e afeccionadas ao rally á competición automobilística.
O programa, que se desenvolve no circuíto da Pastoriza os vindeiros 12 e 13 de outubro, ten dúas partes claramente diferenciadas; unha formativa, na que todos os participantes reciben un curso de condución, e outra puramente competitiva, que consiste na disputa dunhas probas cronometradas.
O premio para o gañador ou gañadora é participar no Rallie San Froilán a bordo dun Suzuki SwiftSport, dentro da estrutura do equipo de competición PTC Escuela.
O deputado de Deportes, Efrén Castro, destacou que o programa “se converteu nunha referencia no mundo do motor” e destacou a posibilidade que ofrece aos afeccionados e afeccionadas que “ as veces polos prezos e outras polo ao medo a dar o paso de debutar nun rally, doutra maneira, non poderían vivir esa experiencia”. O deputado sarriao puxo a iniciativa como un exemplo “de colaboración entre institucións e de posta en valor dos recursos da provincia”.
A tenente de alcalde da Pastoriza, Elva Carreira, remarcou que a colaboración co Volante Deputación “é unha forma de que A Pastoriza estea presente nun dos rally máis carismáticos dos que se celebran en Galicia e facelo da mellor maneira posible, apoiando o deporte base”.
O director de PTC Escuela, Antonio Solórzano, destacou o interese que esperta a parte formativa do programa. “Hai moita xente que asiste á selección sen o ánimo directo de optar ao premio, que saben que pode estar complicado polo bo nivel dos participantes. Aproveitan que o evento lles ofrece a posibilidade de rodar no circuíto e estar en contacto con outros pilotos e ver o nivel que teñen”.
As probas cronometradas realízanse en coches facilitados por PTC Escuela.
Inscricións abertas
As 14:00 horas deste xoves abriuse o prazo de inscrición, que se manterá aberto ata o vindeiro venres 11 de outubro ás 10:00 horas. O formulario para anotarse pode descargarse na web de PTC Escuela. O número máximo de participantes é de 185 persoas.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
