Ribadeo, 18 de outubro de 2019. Acisa Ribadeo organiza unha nova das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebrarán os días 25, 26 e 27 de outubro. Tamén o 25 máis de vinte comercios participarán na Noite Aberta. As tendas abrirán ata as 21:30 horas.
Vinteún establecementos de hostalería participarán nas xornadas coas súas elaboracións da mellor gastronomía asturiana. Estes locais son: O Tumbín, Cienfuegos, O Lar de Manolo, La Botellería, A Dorada, Galipizza, Porta Norte, Bar Galicia, O Alén, Chamaye Estopa, O Cabazo, Costa Verde, Delicates, Queimada, Rosa Lar, La Solana, El Rincón del Gordo, Náutico, Mesón Morriña, La Lira e Mesón O Indiano. Estes locais ofrecerán tapas e menús especiais ao longo da última fin de semana do mes de outubro.
Acisa Ribadeo programou ademais varias actuacións musicais para amenizar esta cita gastronómica. O venres 25 ás 21:30 horas na praza José María López (zona vella) actuará Sara Cangas; o sábado 26 ás 21:00 horas na rúa San Francisco ofrecerá un concerto Moot´Moller, e ás 22:00 horas na praciña de San Roque estará Viti Gutier; o domingo 27 a partir das 13:00 horas percorrerá as rúas da vila a banda de gaitas El Penedón.
Ademais o venres 25, Acisa celebra unha nova edición da Noite Aberta na que os establecementos participantes pecharán ás 21:30 horas e ofrecerán interesantes descontos e promocións. Un total de 23 comercios de moda e complementos participan. Son: Sanjurjo Moda, Esprit, Mika, Nina, Ginzo, Julia Moda infantil, La Moda Sport, Pepa Peineta, R23, Platería Gutié, Azabache, Bora Bora, Terra Branca, Anais, Glass, Adele, Sendín, La Coqueta, Naná Tienda, La Moda hombre, Saia, Coco e Jatay.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, anima a acudir a vindeira fin de semana de Ribadeo: “será un bo momento para saborear a gastronomía asturiana en Ribadeo, para aproveitar as promocións especiais que ofrecerá o comercio e para escoitar boa música e diferentes localizacións da vila”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “as xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo foron desde o primeiro momento un reclamo tanto para os residentes na Mariña lucense como para os veciños e veciñas do Principado, de aí que as organicemos de novo este ano. Quixemos nesta edición fusionar gastronomía, con música e con comercio para que a fin de semana do 25 ao 27 de outubro sexa do máis completa”.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



