Lugo, 16 de outubro de 2019. O Deputado de Participación Cidadá,Roberto García Pernas, a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, presentaron este mércores na Fortaleza do Pazo de Tovar de Lourenzá as xornadas Exaltacións Gastronómicas…E Para Comer Lugo do mes de outubro. Estas degustacións terán lugar, dende o vindeiro venres e ata o día 27 deste mes, en 50 establecementos de hostalería de 23 concellos da provincia. Estes restaurantes empregarán nos seus menús as Fabas de Lourenzá, Ternera Gallega, Queixo San Simón da Costa e Mel de Galicia cociñados con diferentes estilos.
García Pernas destacou que a Deputación de Lugo, da man de APEHL, leva 8 meses impulsando este proxecto culinario co fin de continuar fomentando o turismo gastronómico e dinamizando o sector servizos na provincia. Con esta iniciativa tamén visibilizamos a excelente calidade dos produtos gastronómicos de Lugo a través da degustación de produtos acreditados cos selos de calidade, como son a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) ou a Denominación de Orixe (DOP)”.
Coas Exaltacións Gastronómicas, a Deputación continúa apostando pola promoción dos produtos autóctonos de calidade en apoio aos produtores do rural e como clave para o impulso da economía da provincia. Outro dos obxectivos destas xornadas é desestacionalizar o consumo destes produtos co fin de darlles continuidade fóra das épocas de produción.
Xunto ao Deputado de Participación Cidadá, no acto de presentación tamén participaron o presidente do Consello Regulador da IXP Faba de Lourenzá, José Cuadrado, o director de promoción da IXP Ternera Galega, Luis Antonio Vázquez Pérez o Presidente da CRDO RIBEIRA SACRA, José Manuel Rodríguez González, o Presidente da IXP das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, Jose Antonio Feijoó Mateo, e o delegado de El Progreso na Mariña, Xabier Lombardero.
Calendario de Exaltacións Gastronómicas
Os 50 locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos cos produtos gastronómicos seleccionados en cada mes. Na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal e en www.eparacomerlugo.com pódese consultar os restaurantes participantes, as datas e os produtos que se exaltan cada mes.
Estas xornadas gastronómicas nas que se promocionan diferentes produtos da provincia realizáronse todos os meses desde o pasado abril. Cada unha ten unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



