Barreiros, 4 de outubro de 2019. As xestións realizadas polo goberno municipal para que a construción da nova depuradora de San Miguel sexa unha realidade comezan a dar os seus froitos e o vindeiro 24 de outubro, a alcaldesa, Ana Ermida, e a segunda tenente da alcaldía, Carmen Veiga, desprazaranse ao Ministerio para a Transición Ecolóxica para trasladar a problemática da depuración de augas residuais e tratar de obter colaboración na solución da mesma.
A delegación barreirense será recibida polo director xeral de auga, Manuel Menéndez Prieto, ao que lle trasladarán a incidencia do mal funcionamento dos sistemas de depuración na costa de Barreiros, nomeadamente na praia de Arealonga.
Presentaranlle tamén o proxecto elaborado por Augas de Galicia para a construción dunha nova depuradora en San Miguel que solucionaría os problemas de vertidos nas parroquias de San Miguel e Reinante e que está orzamentado en algo máis de 3,3 millóns de euros.
A alcaldesa valora moi positivamente a resposta obtida do Ministerio, “pois o feito de poder amosarlles de primeira man a problemática e presentar o proxecto que lle daría solución supón un avance para lograr a implicación das distintas administracións.” Amósase tamén esperanzada en lograr a implicación do goberno central, “xa que os efectos na zona de costas e en zonas de alto interese ambiental son notables e é preciso buscarlles unha solución no menor prazo posible.”
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



