Santiago, 9 de outubro de 2019. O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central que realice todas as accións necesarias encamiñadas a garantir os centros produtivos e os postos de traballo das factorías de Alcoa en San Cibrao, así como garantir un marco enerxético estable e competitivo, aprobando, de xeito inmediato, o estatuto de apoio ás empresas electrointensivas, no que se incorporen as alegacións presentadas en conxunto pola Xunta de Galicia e as compañías galegas.
O deputado popular Daniel Vega salientou que “as factorías Alcoa en San Cibrao teñen un carácter estratéxico por canto constitúen o principal motor económico e laboral da Mariña lucense e un dos máis importantes da nosa provincia, onde incluso representa o 30 por cento do seu produto interior bruto”. Ademais, lembrou que “estamos a falar da principal fonte de emprego directo para máis de 1.100 familias, ás que se engaden os 5.000 postos de traballo indirectos”.
ELEVADÍSIMO INCREMENTO DO PREZO DA ELECTRICIDADE
“A factura eléctrica representa un dos gastos máis importantes da conta de explotación desta factoría e os elevadísimos incrementos do prezo que están a ter lugar nos últimos meses poñen en risco a viabilidade e futuro deste complexo industrial, sen que o Goberno central adopte as medidas ás que se comprometeu, entre elas, a aprobación do Real Decreto que incorpora o estatuto de consumidores electrointensivos”, lamentou Daniel Vega.
En concreto, apuntou que esta ferramenta “debe establecer unha combinación de medidas que protexan a competitividade das empresas das compañías altamente dependentes da enerxía abaratando o custo final do subministro, unha variable especialmente necesaria para empresas que compiten nun mercado global”. Vega explicou que “neste momento o prezo da electricidade en España é moi caro, moito máis elevado que noutros países competidores directos como Alemaña ou Francia: está fixado en 50 euros o megavatio, un prezo inviable para que Alcoa se manteña, xa que por enriba dos 40 euros a empresa corre graves riscos de peche”.
SEN POLÍTICA INDUSTRIAL NIN ENERXÉTICA
“A actuación deste Goberno socialista e a realidade dos feitos demostran que España nin ten política industrial nin ten política enerxética, con consecuencias imprevisibles para Galicia e para miles de traballadores”, indicou o deputado popular, quen subliñou que “os galegos e galegas, tampouco a veciñanza da Mariña e da provincia de Lugo, merecemos un Goberno central que se dedica a cortocircuitar o futuro industrial de Galicia”.
O deputado popular demandou que o Goberno central “faga público o proxecto de estatuto para as empresas electrointensivas, porque deixar o prezo do megavatio por enriba dos 40 euros fará inviable o mantemento de Alcoa en San Cibrao”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



