Viveiro, 23, outubro, 2019. Os concelleiros do grupo municipal do PP de Viveiro criticaron esta mañá, en rolda de prensa, a decisión do goberno local de acollerse a opción ofrecida polo Ministerio de Hacienda para modificar o plan de viabilidade aprobado no seu día para facer fronte a endebedamento financeiro do Concello. O cambio supón ampliar nun ano, ata o 2027, a liquidación da débeda cos bancos. O portavoz municipal, Óscar Rodríguez, dixo, aludindo a unha afirmación do tenente de alcalde no último pleno, que aceptar esta solución é acollerse «a un flotador para tirarse a unha piscina baleira». En función deste acordo, o Concello de Viveiro seguirá un ano máis con limitacións para levar a cabo as políticas que necesitan os veciños. A débeda total do Concello ascende a 11 millóns, dos que case 8 corresponden aos bancos.
Óscar Rodríguez compareceu diante dos medios de comunicación arroupado por todos os demais membros do grupo popular. Comezou por cualificar de inentendible o último pleno da corporación local de Viveiro. Por varios motivos. O primeiro deles, a hora á que foi convocado, as 14.00 horas. Como era previsible, a esa hora non houbo público; Rodríguez considera que é unha demostración do pouco interese que ten o goberno municipal, presidido por María Loureiro, na transparencia do debate e das decisión municipais. Por outra parte, porque no é entendible, dixo Óscar Rodríguez, que se aprobe o que representa un cambio importante no plan de viabilidade económico aprobado no seu día para facer fronte ao endebedamento municipal, un cambio que prolonga un ano máis un problema que afecta moi seriamente á xestión municipal.
Rodríguez explica que co plan de viabilidade que estaba en vigor, para saldar a débeda de case oito millóns cos bancos, a liquidación do endebedamento acabaría no ano 2026. A proposta de Hacienda supón un ano máis de carencia e, ao mesmo tempo, se prorroga tamén un ano máis o prazo para a amortización. Unha das consecuencias é que outro ano de pago de intereses suporá máis de 100.000 euros. A maiores, agora o Concello ten a débeda repartida en sete bancos e terá que centralizala nun só, aspecto este que ao PP non lle parece especialmente relevante.
Para o voceiro municipal do PP de Viveiro, «este acordo demostra que o goberno confía moi pouco no plan de viabilidade». Rodríguez non comprende por que a alcaldesa e o seu equipo «deciden deixar ao Concello endebedado un ano máis; non nos parece de recibo». Igualmente, dixo: «Foron capaces de dicir que este cambio vai ser un flotador para o Concello; pois será, digo eu, un flotador para tirarse a unha piscina sen auga». Ao igual que o PP, tamén votou en contra Por Viveiro, e abstivéronse o BNG e Son Viveiro.


















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



