Foz, 21 de outubro de 2019. A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero, avanzou os peores augurios sanitarios na Mariña Lucense executados polo PP e o Goberno de Feijoo. “Dende o dÍa 16 de outubro a ambulancia medicalizada da Mariña, con base en Foz, traballa con un só TES”. Hai que lembrar que a ambulancia da Mariña levaba ata o de agora 9 anos traballando en igualdade de conciliacións que o resto de Ambulancias Medicalizadas da xeografía Galega, é a única de Galicia que sofre o recorte de persoal.
Otero lembrou que este mesmo mes defendeu no Parlamento de Galicia, unha iniciativa, na que reclamou recuperar ao persoal recortado na ambulancia medicalizada, así como o servizo 24 horas na ambulancia asistencial de Foz. “Pero só tivemos unha resposta clara e contundente de Feijoo, que foi o NON do PP para mellorar a calidade de vida das nosas veciñas e veciños”, insistiu.
Así as cousas a Secretaria Provincial avanza que o PSdeG-PSOE seguirá defendendo os intereses de todos e cada un dos mariñáns. “Por iso quero anunciar que rexistraremos en todos os Concellos da Mariña unha moción para reclamar á Xunta a reposición do segundo técnico da ambulancia medicalizada da Mariña (AM-752) e o servizo de 24h na ambulancia asistencial (A-875) con base en Foz”.
Na proposta socialista reclamase o posicionamento público do pleno da corporación en contra dos recortes dos servizos de urxencias. Instar a Consellaría de Sanidade a que repoña a dotación da Ambulancia Medicalizada da Mariña (AM-752), quedando formada por 2 TES (Técnico de Emerxencias Sanitarias) un DUE e un Médico. E demandase ademais a reposición do horario na Ambulancia de Soporte Vital Básico con base en Foz (A-875), volvendo a estar dispoñible as 24 horas do día.
Recortes do PP na Mariña
Otero advertiu que a folla de ruta en materia sanitaria na Mariña esta protagonizada polos recortes. Nesa liña citou como exemplos “o abandono de centros de saúde, a supresión da área sanitaria ou os recortes de persoal que provocaron o progresivo deterioro da capacidade asistencial na Atención Primaria”.
“As veciñas e veciños da Mariña merecemos unha sanidade pública de calidade, non somos cidadáns de segunda. Queremos vivir nas nosas Comarcas e nas nosas vilas sen discriminación, por iso, Feijoo ten que reaccionar e abrir os ollos ante esta desfeita sanitaria que el mesmo provocou”, espetou.




















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



