Abadín, 21 de outubro de 2019. O Voceiro do PSOE en Abadín, Pablo López denunciou que os 107 nenos e nenas de Abadín son atendidos dúas horas, unha vez á semana por un médico de familia. Díaz fíxose eco das queixas dos pais e nais da vila que reclaman unha mellor atención pediátrica no centro de saúde.
O Voceiro Socialista relata que segundo os pais e nais tiveron fai uns días unha xuntanza cos responsables do Sergas en Lugo, “na que o Alcalde non abriu a boca para defender os intereses e as reclamacións das nosas veciñas e veciños”.
“Todos os pais e nais reclamamos maior atención médica na vila, e que a consulta sexa atendida por un especialista, é dicir un pediatra. Ademais, cando esta de baixa ou de vacacións todos os nenos e nenas teñen que ser atendidos no Centro de Vilalba, que non son consultados ata última hora da mañá cando remata as citas previas”, explicou.
Así as cousas, Pablo Díaz criticou “a discriminación constante dos veciños do rural e a nula sensibilidade coa atención sanitaria en Abadín”. E insistiu nas súas criticas “o Goberno de Feijoo e o Alcalde de Abadín son incapaces da dar resposta ás demandas xustas dos nosos veciños para atender aos nosos nenos e nenas da nosa vila”, resumiu.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



