Lugo, 23 de outubro de 2019.- O deputado de Deportes, Efrén Castro, presentou esta mañá o XLI Rally San Froilán, que se disputará mañá venres e sábado nas estradas da provincia. Como aperitivo á carreira, a praza de San Marcos acolleu os vehículos de competición de cinco dos pilotos lucenses que competirán na proba, das máis lonxevas e emblemáticas do calendario galego.
A carreira, organizada pola escudería Miño Lugo, reunirá nesta edición 129 pilotos que loitarán contra o crono nos catro treitos establecidos para a competición nos concellos de Outeiro de Rei, Friol, Meira e Pol.
O deputado subliñou que o “Rally San Froilán é un evento histórico que todos os afeccionados ao motor teñen marcado no seu calendario”. “Recordo seguir os entrenos no mítico tramo de Goyán, en Sarria, desde a nenez. Son recordos que creo que compartimos moitos de nos e que reflicten a expectación que levanta a carreira e a gran tradición que existe na provincia”.
A área de Deportes achega 30.000 euros á organización da proba que nos últimos anos congregou uns 40.000 espectadores. Ademais de afeccionados e afeccionadas galegas, a o Rally atrae á provincia siareiros do norte de Portugal, Asturias, Cantabria e Castilla y León.
A vicepresidenta da escudería Miño Lugo, Mayte Vilanova, explicou que “un dispositivo dunhas 450 persoas, a maioría lucenses pero tamén persoas doutras provincias, traballarán desde mañá venres na organización do rally” e fixo un chamamento “para que os afeccionados e afeccionados seguisens as indicacións de organizadores e corpos de seguridade durante o desenvolvemento das probas”.
En relación coa competición, a penúltima do Campionato Galego de Rally, Vilanova explicou que “aínda que o título galego está decidido, queda en liza o campionato de equipos, nos que os equipos lucenses teñen opcións, e as Copas de promoción”.
Ao acto de presentación, asistiron tamén o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral, o concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández, a subdelegada do goberno do Estado en Lugo, Isabel Rodríguez, e Miguel Otero Méndez, da delegación da Xunta en Lugo.
Programa
O Rally San Froilán comezará mañá venres coas verificacións técnicas e administrativas desde as 9:00 horas ata as 15:30 horas no polígono das Gándaras e coa ceremonia de presentación dos trinta equipos que compiten na proba na Praza Maior de Lugo ás 20:00 horas.
A competición desenvolverase ao longo da xornada do sábado con dous tramos en horario de mañá, en Outeiro de Rei e Friol, e dous en horario de tarde, en Pol e Meira (adxúntase horario dos tramos)
O parque de asistencia estará situado no polígono de Outeiro de Rei onde se poderá seguir o traballo técnico dos equipos ao longo da xornada.
Volante Deputación
O deputado de Deportes, Efrén Castro, subliñou que entre os 129 participantes no rally estará Pablo Guerra, gañador do Volante Deputación, un programa formativo co que a área de Deportes facilita que pilotos noveis teñan a oportunidade de acceder á competición automobilística sen custe.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
