Lugo, 26 de novembro de 2019.- A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, colabora este ano con 21 entidades deportivas da provincia de Lugo cunha achega global de 187.200 euros mediante o programa de subvencións para a compra de equipamento deportivo, do que se realizaron dúas convocatorias.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, explicou que o Diario Oficial de Galicia vén de dar conta da resolución da segunda convocatoria, que beneficia a 17 clubs con importes que suman 129.000 euros.
As achegas foron destinadas á compra de furgonetas para os traslados ou ben de utensilios propios da actividade deportiva, como porterías, bicicletas, tatamis ou embarcacións. Tamén adquiriron caixas de primeiros auxilios e mesmo tres desfibriladores.
Oito das entidades beneficiarias están situadas na capital: O Club de piragüismo Cidade de Lugo, Club de Patíns Lóstregos, Agrupación Deportiva Xuvenil A Milagrosa, Escola Atlética Lucense, Club Natación Portamiñá, Star Dance, Asociación Judo Muralla e o Club Ciclista Cidade de Lugo.
Cinco corresponden á Terra Chá, en concreto catro a Vilalba: Club Loitas Olímpicas, Club Deportivo Moo Duk Kwan, Agrupación Polideportiva San Ramón e o Club Loita Lugo; o quinto é o Club de Montañismo Lucus Augusti de Cospeito.
Igualmente, obtiveron financiamento o Club Ciclista de Viveiro, a Agrupación Deportiva Nosa Señora do Pilar de Foz, as Escolas Deportivas de Lourenzá, e o Club de Montaña e Piragüismo Quixós de Monforte de Lemos.
A primeira resolución deste programa de axudas publicouse no mes de setembro e supuxo un investimento de 58.200 euros na provincia, distribuídos entre o Club Fluvial de Lugo, A.D. Tripenta Terras de Lugo, Club Triatlon Cidade de Lugo e o Club Taekwondo Neka Monforte.























A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
