Lugo, 4 de novembro. O Bloque Nacionalista Galego expuxo esta mañá as iniciativas que defenderá no Congreso dos Deputados para a reforma do actual marco de financiamento local, que supón un “agravio para os municipios galegos”.
Segundo expuxo a candidata nacionalista, Olalla Rodil, “os concellos galegos reciben 50 euros menos que a media do Estado, a pesar de que a realidade demográfica e territorial esixe un maior investimento público”.
En termos per cápita, cada concello galego recibe 209 € por habitante fronte aos 259 € de media estatal. A situación agudízase no caso das sete grandes cidades. A modo de exemplo, Málaga recibe o mesmo financiamento do Estado, 230 millóns de euros, que as sete grandes cidades galegas xuntas, que suman 232,6 millóns de euros, pese a que case a duplican en poboación.
“Os nosos concellos padecen unha insuficiencia financeira estrutural e grandes dificultades para atender os servizos públicos. A isto engádense as limitacións do endebedamento e restricións do défice público marcadas na Constitución e na Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, que impuxo o aforro e a redución do gasto público como criterios no funcionamento dos concellos para favorecer a iniciativa privada”, criticou a candidata nacionalista.
Contra diso, Rodil expuxo que o BNG “reclamará que Galiza teña competencia na distribución entre os concellos galegos para rematar coa actual discriminación, e se incorporen criterios propios para o reparto como o avellentamento, a dispersión poboacional e o reequilibrio territorial”.
Axencia tributaria galega
Fronte á sede de Facenda en Lugo, canda concelleiras e concelleiros do BNG no concello, Olalla Rodil apuntou tamén a formación nacionalista reclamará para Galiza unha Axencia tributaria galega e un novo modelo de financiamento baseado no concerto económico e a bilateralidade co Estado.
“Trátase de que a Galiza recade todos os impostos e teña capacidade para decidir como os inviste, na perspectiva de poder desenvolver políticas sociais, de desenvolvemento económico autocentrado e de blindaxe de servizos públicos universais e de calidade”, expuxo Rodil.
“Os distintos gobernos españois elevaron a recadación incidindo nos impostos indirectos favorecer o gran capital e limitar o control das grandes fortunas, e adicar a recadación ao saneamento da banca mentras a poboación sufriu as consecuencias do deterioramentos dos servizos públicos”, criticou a candidata nacionalista.






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



