Burela, 6 de decembro, 2019. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo continúa coa campaña de promoción da “Pescada do Pincho de Burela” nos principais mercados tradicionais de Madrid.
Tra-la exitosa presentación da pescada do pincho de Burela no Mercado das Marabillas, el pasado xoves 5 de decembro chegou o turno ao Mercado da Paz, en pleno barrio de Salamanca madrileño. Alí o prestixioso chef MastroMatteo preparou unha degustación gratuíta do exquisito peixe galego que tivo unha grande aceptación entre o público, onde se repartiron 300 racións de pescada de Burela elaborada con dúas receitas diferentes: unha ao limón con perlas de wasabi e outra con salsa de mel e mostaza.
Deste modo, os mercados tradicionais de Madrid súmanse á recomendación de incorporar a pescada do pincho de Burela como alimento imprescindible para unha dieta sá e equilibrada; un dos principais obxectivos desta iniciativa promocional da OPP Lugo para dar a coñecer os múltiples beneficios deste saudable alimento.
Esta acción, que conta coa colaboración de Armadores de Burela, englóbase dentro das accións de promoción da OPP Lugo incluídas no seu plan de produción e comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.