Santiago, 13 de decembro de 2019. A situación laboral que vive a empresa Muebles Hermida, en Lourenzá, precisa unha solución que garanta que os traballadores poidan cobrar os salarios atrasados e que as familias dependentes destes salarios teñan garantidos os ingresos. O voceiro de En Marea, Luís Villares, mantivo conversas co responsable do comité de empresa, Manuel Franco Otero, para trasladar ao Parlamento de Galicia as reclamacións da plantilla centradas funamentalmente no pago dos salarios atrasados e na continuidade dos postos de traballo.
Secundando as peticións da plantilla, En Marea proporá á Xunta de Galicia dúas accións principais: que a Xunta se implique na procura dun plan de viabilidade para a empresa que pase polo cambio nos xeitos de produción e que asegure o futuro deste proxecto empresarial.
A segunda das propostas de En Marea é a posta en marcha dun programa de liquidez para o adianto de salarios para as plantillas en empresas implicadas en procesos concursais. Segundo Villares “este programa debería aplicarse en situacións como a que padece actualmente Muebles Hermida”. O programa de liquidez entraría en funcionamento cando se producen impagos de salarios en empresas en situación concursal, a administración autonómica abonaría os salarios aos traballadores e recuperaría ese diñeiro en canto se resolve o proceso. Na actualidade, os procesos concursais poden dilatar ata nove meses o pago destes salarios, o que causa graves prexuízos para as familias e que poden implicar desafiuzamentos por impagos de hipotecas e situacións igual de severas para as familias.
“O cometido deste programa de liquidez non sería gravoso para os orzamentos da Xunta de Galicia posto que se trata somentes dun adianto económico que se recupera coa resolución do concurso e das cantidades recoñecidas aos traballadores no mesmo” tal como explica o Voceiro de En Marea. Coa intervención da Xunta se solventaría unha situación que na actualidade se resolve de maneira individual por cada un dos traballadores.
En Marea lembra que experiencias semellantes tiveron lugar recentemente canda a creba dunha empresa turística en Baleares ou no sector agrario, coas entregas a conta por compromisos de pago adebedados aos produtores. Outro suposto tivo lugar logo do sinistro do Prestige, co pago aos particulares dos danos e a subrogación posterior do Estado na súa posición fronte ao causante dos danos. Calquera das situacións anteriores ten en común con esta proposta o adianto de cantidades que se sabe que son debidas e han ser aboadas, polo que se trata dunha simple operación financeira de adianto dun diñeiro a propia administración recuperará cos seus correspondentes xuros.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



