Lugo, 13 de decembro de 2019. A área de Cultura da Deputación achega, de forma gratuíta, unha programación con 30 actividades aos concellos da Provincia. Trátase de actividades de carácter lúdico dirixidas aos máis pequenos que se celebrarán desde o 14 de decembro ata o 5 de xaneiro.
A Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, explicou que “entre as actividades incluímos teatro, maxia, varias compañías de monicreques e visitas do Apalpador que de seguro farán as ledicias dos nenos e as nenas. É unha programación deseñada para aproveitar o tempo de lecer das crianzas e para inculcar valores, con espectáculos sobre igualdade ou manter unha figura do nadal galego como é o Apalpador, quen ademais transmite a importancia da conservación do Medio Ambiente”
Programación Nadal Cultural
Sábado 14
Carballedo – Visita do Apalpador. Ás 18.00 no salón de actos do Concello
Foz – Igualdade onde estás? de Fani Triana. Ás 19.00 no Local Social de Cangas de Foz
Domingo 15
Friol – Visita da Apalpadora. Ás 17.30 na Fortaleza de San Paio de Narla
Luns 16
Sarria – Visita do Apalpador. Ás 10.00 no Colexio Frei Luís de Granada
O Incio – Visita do Apalpador. Ás 15.20 no Colexio Ricardo Gasset
Martes 17
Pedrafita – Visita do Apalpador. Ás 13.30 no Colexio Uxío Novoneyra
Cervantes – Visita do Apalpador. Ás 14.30 no CPI de Cervantes
Mércores 18
Rábade – Visita do Apalpador. Ás 17.30 no Centro Sociocultural
Venres 20
Cervo – Visita do Apalpador. Ás 17.00 no Pavillón de San Román de Vilaestrofe
Sábado 21
Xermade – 5 historias para unha man, monicreques con Mircromina. Ás 12.00 na Biblioteca
Meira – O Cachopo Máxico con Lîlâ Teatro. Ás 17.00 na Casa da Cultura
Castroverde- Visita do Apalpador. Ás 17.00 no Centro Social de San Cibrao, Montecubeiro
Domingo 22
Muras-5 historias para unha man, monicreques con Mircromina. Ás 17.00 na Casa do Médico
Luns 23
Barreiros-O agasallo de Anya, monicreques con Trécola. Ás 18.00 no Centro Sociocultural
Venres 27
Guitiriz-O Cachopo Máxico con Lîlâ Teatro. Ás 17.30 na Casa Habanera
Sábado 28
Cospeito – O Cachopo Máxico con Lîlâ Teatro. Ás 18.00 na Casa da Cultura de Muimenta
Palas de Rei – Belarmina, a flamante Velutina, monicreques con Titiriterra. Ás 17.30 na Casa da Cultura
Domingo 29
Carballedo – Maxia pola Igualdade con Fani Triana. Ás 17.30 na oficina de turismo de Castro
Begonte – Gyrovagus, monicreques con Mircromina. Ás 17.00 na Casa da Cultura
Luns 30
Barreiros- Visita do Apalpador. Ás 18.00 no Centro Sociocultural
Xoves 2
Chantada – O agasallo de Anya, monicreques con Trécola. Ás 18.00 no Auditorio Municipal
Taboada – Maxia pola Igualdade con Fani Triana. Ás 18.30 na Antiga Casa Cuartel
O Corgo- Visita do Apalpador. Ás 19.00 no Local Social de Ponte de Neira
Venres 3
Viveiro – O agasallo de Anya, monicreques con Trécola. Ás 18.00 no Teatro Pastor Díaz
Cospeito – Visita da Apalpadora. Ás 18.00 na Casa da Cultura de Muimenta
Antas de Ulla – Gyrovagus, monicreques con Mircromina. Ás 18.00 na Biblioteca
Sábado 4
A Pastoriza – O agasallo de Anya, monicreques con Trécola. Ás 16.00 no Concello
Ribadeo- O Cachopo Máxico con Lîlâ Teatro. Ás 17.30 no Teatro
A Pobra do Brollón – Igualdade onde estás? de Fani Triana. Ás 18.00 na Casa da Cultura
Bóveda – 5 historias para unha man, monicreques con Mircromina. ás 18.00 no Centro
Sociocultural
Corais
Durante estas datas tamén se organizan 22 actuacións de grupos corais polas rúas de Lugo, así como polas Igrexas Parroquiais do municipio. Comezarán o xoves 19 de decembro.
Rede Museística
A Rede museística tamén organiza tamén unha programación específica de Nadal, xirando en torno á sostenibilidade e centrándose na colección propia de cada Museo. Son un total de 16 actividades dirixidas a públicos de todas as idades, que poden consultar na web da entidade. Para participar é necesario formalizar a inscrición no Museo onde se vaia realizar a actividade.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



