Viveiro, 4 de decembro de 2019. O Concello de Viveiro fixo entrega hoxe aos centros educativos do conto ‘Os Bolechas van a Viveiro. Si á Igualdade. Non á violencia’.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura e Muller, Lara Fernández, realizaron hoxe o reparto do libro na escola infantil municipal e na EEI San Roque, dentro dun proxecto dirixido á poboación infantil e xuvenil para favorecer a coeducación e unha promoción da igualdade de oportunidades que fomente a desaparición dos roles e estereotipos de xénero, tanto no ámbito educativo como no ámbito familiar.
“O libro utiliza a maxia dos contos para introducir ás rapazas e rapaces no mundo da igualdade, servindo así como recurso de eliminación de estereotipos e de roles socialmente asignados a cada un dos sexos”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Partindo dos personaxes principais de ‘Os Bolechas’, elaborouse un conto ambientado no Concello de Viveiro, introducindo lugares e personaxes emblemáticos do lugar e dotándoo así de identidade propia e de sentimento de pertenza.
A historia centrouse na eliminación de estereotipos e de roles socialmente asignados a cada un dos sexos, como medio de prevención da violencia de xénero, fomentando valores de igualdade de oportunidades e respecto das diferencias.
O reparto realizouse nos colexios e escolas infantís do concello (Escola Infantil de Celeiro, Gardería Municipal de Viveiro, EEI San Roque, CEIP de Celeiro, CEIP de Covas, CEIP Santa Rita de Galdo, CEP Luis Tobio e CPR Landro). Hai un exemplar para cada alumno ou alumna.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



