Viveiro, 17 de decembro de 2019. Na reunión que tivo lugar o xoves 5 de decembro, coa presenza de Augas de Galicia, a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e a Asociación de Veciños de Xunqueira, por parte da administración autonómica, entregouse o “Plan específico de xestión do risco de inundación da ARPSI Fluvial ES014-LU-170101 Río Fontecova (Viveiro). Memoria decembro 2019”.
Esta Alcaldía deu traslado deste documento aos voceiros dos grupos políticos con representación municipal e convocou dúas reunións co obxectivo de avaliar o seu contido e valorar as propostas realizadas.
Nese informe ofrécense os resultados da valoración conxunta da análise multicriterio das tres alternativas en función dos cinco aspectos considerados (coste beneficio, ambiental, social, nivel de protección e temporal), resultando ser a “Alternativa A” a que conta con maior puntuación.
En base a isto, na reunión celebrada no día de onte, os voceiros dos partidos políticos con representación municipal (PSOE, PP, Por Viveiro, BNG e Son Viveiro) acordaron por unanimidade SOLICITAR a Augas de Galicia, aos efectos de poder contar con toda a información necesaria para amosar dende o Concello a conformidade a unha ou outra opción, o seguinte:
Primeiro.- Que se volva a analizar tecnicamente a viabilidade da opción de manter a ponte medieval e que se elabore, valore e puntúe unha nova Alternativa coas actuacións contempladas na Alternativa A, a excepción do mantemento da ponte medieval; aos efectos de poder contar con todos os datos para poder amosar dende o Concello a conformidade a unha ou outra opción.
Segundo.- Que se solicite informe previo á Dirección Xeral de Patrimonio sobre a proposta de eliminación da ponte medieval e construción dunha nova ponte, segundo se plantexa na Alternativa A, aos efectos de axilizar os tempos e segundo a demanda da asociación de veciños de Xunqueira.
Terceiro.- Que se valore a catalogación do río Fontecova, aos efectos de poder esixir a corta nunha distancia de 15 metros, tendo en conta o seu caudal, pendente e calado, así como a importante masa arbórea existente na súa colindancia.
Cuarto.- Que se realice unha valoración económica da totalidade das actuacións que cómpre executar, aos efectos de elaborar un proxecto completo de todas as obras incluíndo o custe íntegro no presuposto base de licitación, para poder establecer o financiamento a asumir por cada unha das administracións (tendo en conta que no documento soamente se valoran unha parte das actuacións propostas)






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



