Ribadeo, 27 de decembro de 2019. O concelleiro de Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, fai un balance positivo da asistencia a RibaXogo, o espazo de ocio infantil e xuvenil que o Concello, en colaboración con Acisa, puxo en marcha este Nadal.
Vizoso dixo: “quero facer un primeiro balance positivo da asistencia a RibaXogo, o espazo de ocio infantil e xuvenil que o Concello de Ribadeo, en colaboración con Acisa, puxo en marcha este Nadal. A resposta está sendo mi positiva e a afluencia moi alta. Tan so hai que pasar polas tarde polo parque de San Francisco e ver como gozan de todas as atraccións alí instalados os máis pequenos e pequenas e non so os tan pequenxs”.
O edil ribadense lembrou que “en RibaXogo ata o 6 de xaneiro os que se acheguen atoparán moitas propostas para pasar unhas horas de divertimento: multicircuíto de cars (a pedais) ou bañeiras tolas, simulador de surf, espazo para obradoiros, rokomonte, barredora, parede interactiva e, ademais, na parte anexa á carpa está a atracción Battle Area para xogar con dispositivos Nerf. Tamén se desenvolverán diversas actividades de forma alterna case todos os días. Xa estivo Papá Noel e dentro duns días virá un carteiro real, contamos tamén co futbolín humano, Mini Láser Tag no exterior da carpa, karaoke, Mascota Disney, xogos xigantes, contacontos, xogos tradicionais, a visita do Apalpador, fotomatón con Digital Chroma… e moitas outras cousas”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo aproveitou para recordar que “RibaXogo estará aberto todos os días ata o 6 de xaneiro, excepto o 1 de xaneiro, día de Aninovo. De luns a xoves o horario é de 17 a 21 horas e os venres, sábados e domingos funciona ademais de 12 a 14 horas e tamén polas tardes de 17 a 21 horas. O 31 de decembro, é dicir en Anovello, abrirá de 12 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Os prezos para gozar das atraccións e actividades de RibaXogo son de 3 euros polas mañás e de 5 euros para toda a xornada. E os que presenten os tíckets de ter realizado as súas compras ou de consumir nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo por importe superior a 20 euros obterán un desconto do 50 por cento”.
Pablo Vizoso anima “a toda a xente dos arredores a achegarse a RibaXogo coas súas nenas, nenos e rapaces porque o van pasar moi ben, van gozar dun Nadal diferente. Ademais de RibaXogo en Ribadeo nestes días hai actividades programadas para todos os públicos”.
Aínda que RibaXogo ía estar aberto inicialmente ata o 5 de xaneiro, este centro de ocio infantil e xuvenil abrirá tamén o día de Reis pola tarde, debido a que a súa posta en funcionamento se retrasou unha xornada, como consecuencia do temporal rexistrado o 21 de decembro.























A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.



