Viveiro, 11 de decembro, 2019. Desde AFA manifestan a necesidade de avanzar na mellora da súa labor asistencial para o que consideran imprescindíbel contar con recursos humanos propios e a dotación de infraestrutura e equipamento adaptado á demanda dos familiares de persoas con Alzheimer. Respecto a isto, denuncian a insuficiencia de medios tanto de persoal como de equipamentos para poder ofrecer ás súas usuarias e usuarios unha atención diúrna que cubra coas súas necesidades terapéuticas básicas, cunha flexibilidade horaria que axude a mellorar as condicións de vida das familias e que permita conciliar a vida laboral e familiar das persoas afectadas.
Por todo isto preguntaremos no pleno do día 11 de decembro, si o goberno do PSOE ten contemplado entre as súas liñas de actuación e no seu suposto proxecto de orzamento de 2020, a convocatoria dun programa de axudas e/ou convenios de colaboración dirixidas a entidades viveirenses sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais para a contratación de persoal e desenvolvemento das súas actividades no exercicio 2020. E tamén, si o goberno municipal estaría disposto a estudar a viabilidade dun proxecto de rehabilitación e acondicionamento do edificio Calvo Sotelo, para darlle uso como Centro de Día dirixido a persoas con Alzheimer e/ou outras demencias, así como a súa cesión a AFA? Edificio que decidimos suxerir desde o BNG pola súa practicidade para as necesidades demandadas, e que AFA acolleu de forma moi positiva a nosa proposta.


















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



