Lugo, 14 de xaneiro de 2019. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, asinou este martes no Pazo de San Marcos coa Alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López, un convenio de colaboración da institución provincial con este municipio por valor de preto de 150.000 euros. Grazas a esta achega económica, acondicionaranse diversas vías en seis núcleos de poboación das parroquias dos Remedios, Viloalle e O Carmen. En concreto, en Cesuras, Curuxeiras, San Pedro, Cabana, Vilar e entre a LU-124 e o barrio O Couto de Outeiro.
Pola súa banda, o Concello debe aportar os permisos e autorizacións necesarios e, unha vez rematados os traballos, encargarase tamén da conservación e o mantemento dos tramos arranxados.
Con este investimento, a Deputación mellorará as comunicacións de Mondoñedo con obras na parroquia dos Remedios, nas pistas dos núcleos de Curuxeiras con rego asfáltico e tamén en Cesuras co formigonado da pista. Haberá ademais novas melloras na parroquia de Viloalle, na curva de San Pedro e nos camiños de Cabana e Vilar. Así mesmo, na parroquia do Carme ampliarase o vial no Couto de Outeiro no seu enlace coa estrada LU-124.
Este acordo responde á vontade da Deputación de Lugo de impulsar a cooperación cos concellos da provincia de todas as cores políticas para que poidan ofrecer servizos e infraestruturas públicos de calidade e eficientes aos seus veciños e veciñas. Esta cooperación verase impulsada co Plan Único 2020, que contará cun investimento de algo máis de 20M€.




















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



