O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade, que dirixe, Mali Méndez, iluminará de verde diferentes edificios e infraestruturas públicas ao longo da semana que vén con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, que ten lugar o 4 de febreiro: a Casa do Concello, a Casa da Cultura, as antigas fábricas de Salazón e a fonte do Parque Reina Sofía. Ese mesmo día, tal e como anunciou Méndez, haberá unha charla na Casa da Cultura, ás 18:00 horas, sobre o cancro e a súa prevención, a cargo de Estefanía Corcoba e Andrea Casais, traballadora social e psicóloga da AECC en A Mariña.
Actos do día internacional contra o cancro en Cervo
Actos do día internacional contra o cancro en Cervo
Relacionado
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional