Si, si, xa sei: FITUR celébrase en Madrid, non en Ribadeo. Oficialmente. Pero o que en Madrid vai amosarse na feira internacional do turismo é cociñado antes nos respectivos lugares de orixe, sexan empresas ou localidades. E non só iso, senón que ten un impacto posterior noutros lugares diferentes da orixe -para iso se fai- pero tamén ten un impacto previo. Máis aínda, o impacto posterior buscado en canto a atracción turística (ben cantidade de xente, ben balance económico, etc) é só unha das facetas nas que se deixa sentir o efecto.
Collo Ribadeo como exemplo, por telo máis a man, pero o método, sistémico, é algo común, aínda que en Ribadeo poda ter algunha significación especial en cousas concretas (hai cousas que aquí se fan mellor que a media)
Toda actividade induce outras. Mais o que se está a dar -e moito- é que as actividades se autoalimenten, é dicir, teñan unha ‘autoinducción’ de tal xeito que só por facerse sexan promocionadas polos propios promotores como éxito: autopromoción independente dos obxectivos, da súa consecución, o xeito de realizar a actividade ou a existencia dunha medición obxectiva de parámetros para analizar. Debido a ese efecto, moitas actividades non se poden considerar ‘independentes’, non xa de outras do mesmo nivel ou asociadas directamente, senón de cousas como a parafernlia que as rodea. Así, No caso de Fitur, existe un efecto transferencia de actividade e ‘posta no foco de atención’ de Madrid a Ribadeo. As actividades de Fitur, que son en sí propaganda de lugares, experiencias, etc, teñen un efecto en Ribadeo, pois faise propaganda delas -das propias actividades- en Ribadeo. E, xa en Ribadeo, hai outra transferencia tamén, pois a propaganda das actividades realizadas en Madrid serve de promoción para os ‘emisarios’ aló enviados, de tódolos cortes políticos. Ía dicir tamén económicos, pero esta faceta coido que é diferente para considerar, habendo a posibilidade de loitas comerciais, mesmo internas nos grupos ou asociacións, a máis de que as responsabilidades asociadas son diferentes que no caso de responsabilidade pública.
Coido que se podería dicir moito máis, pero que se pode entender mellor cunha referencia, aínda que poda dar unha visión parcial: hai anos tentei representar o impacto dunha campaña levada por Ribadeo a Fitur, “Ribadeoxqsi”, tildada de éxito. Para iso, puxen a etiqueta da campaña no buscador en sucesivos días, dende a celebración de Fitur 2015 durante dous meses, e reflectín os resultados nun artigo, “Medindo resultados de campañas de propaganda”. Resume: o éxito anunciado non impediu unha realidade na que a repercusión da campaña en Google (ó fin, estamos a falar dunha etiqueta de promoción de Ribadeo) nunca acadou nin o 1% de resultados da procura do nome do alcalde. Como non era un sistema deseñado de antemán para medición, senón algo a posteriori, collido ó paso, os resultados só poden tratarse como indicativos. Aínda así, coido que cabe dicir que a campaña, realizada en Madrid, tivo tanto impacto en Ribadeo, onde saíu máis dunha vez nos medios…





















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



