Burela, 29 de xullo, 2026. O Salón de Plenos do Concello de Burela acolleu o pasado mércores a presentación da XL Feira do Bonito e da XXIV Feira de Produtos do Mar e da Terra, Artesanais e Ecolóxicos Produart, dous dos eventos máis destacados do verán burelés, que se celebrarán do 31 de xullo ao 2 de agosto no porto da vila.
No acto participaron a presidenta da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, Rocío Rivera Seara; o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González López; o deputado de Medio Rural, do Mar e Mocidade, Daniel García Fernández; a conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña; e a presidenta da Deputación de Lugo, alcaldesa de Burela e presidenta da Fundación Expomar, Carmela López.
Burela, escaparate da tradición mariñeira e do produto local
Carmela López subliñou que ambas as feiras “converten Burela nun escaparate de primeiro nivel para a nosa gastronomía, o noso produto e a nosa tradición mariñeira”. Destacou que cada ano atraen a milleiros de visitantes, “unha oportunidade para dinamizar a economía local, apoiar o comercio e a hostalería e reforzar a imaxe da Mariña como destino de referencia durante o verán”.
A presidenta da Deputación puxo tamén en valor o compromiso da institución co sector pesqueiro e o apoio a Produart a través da colaboración coa Fundación Expomar. Avanzou que a Deputación contará cun expositor propio, que funcionará como punto de información turística e no que se ofrecerá material divulgativo sobre a eclipse solar total de agosto, “unha cita de enorme relevancia que atraerá visitantes á provincia”.
A Feira do Bonito: gastronomía, cultura e identidade
A XL Feira do Bonito, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, pon en valor o Bonito do Norte, produto estreitamente ligado á historia e á identidade de Burela.
Programa
Sábado, 1 de agosto
10:30 h – IV Encontro de Alfombrismo e Arte Efémero Galego
11:30 h – V Quedada de Coches Clásicos
13:00 h – Recepción de autoridades e izado da bandeira azul no barco museo Reina del Carmen
Entrega de premios do concurso de carteis e recoñecementos de Asador Maior e Colaboradora de Honra
Lectura do pregón a cargo de Paula Jorge Horta
Degustación de bonito cocido, bonito á grella e empanada, durante toda a tarde
20:30 h – Actuacións musicais
Domingo, 2 de agosto
Actividades infantís durante a mañá
13:30 h – Degustación de filloa de Muimenta rechea de bonito e marmitako
Produart: artesanía, sustentabilidade e produto ecolóxico
De xeito paralelo celebrarase a XXIV Feira Produart, organizada pola Fundación Expomar, que apoia produtores e sectores que empregan métodos sostibles e non invasivos co medio natural. A feira comezará o venres 31 de xullo e incluirá:
Obradoiros e demostracións (encaixe de bolillos, tear…)
Pintacaras e actividades infantís
Showcookings e degustacións gastronómicas
Conferencias
Música en directo
Presentación da nova edición do Festival Osa do Mar
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destacou que a frota boniteira é “precursora dun xeito de faenar cada vez máis demandado polos consumidores”, con capturas sostibles e de gran calidade. Subliñou que a Feira do Bonito e Produart son “un gran escaparate e un motor de dinamización local, atractivo turístico e cohesión comunitaria”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



