Burela, 3 de xaneiro de 2020. A poucos días do pleno de organización, o BNG ve moi complicado un acordo co PSOE e sinalan que cada día que pasa está máis lonxe a posibilidade de chegar a un pacto de goberno.
O portavoz municipal do BNG, Mario Pillado, sinalou que a “gobernabilidade do Concello non está garantida unicamente en base á investidura e lembra ao Sr. Llano que o PSOE perdeu a maioría absoluta dúas veces en seis meses e que o futuro de Burela pasa necesariamente por un acordo que garanta un goberno municipal estable e que traballe para dar solución aos problemas e necesidades da nosa vila”.
Pillado cualificou de irresponsábel a actitude de Alfredo Llano. “O Sr. Llano non se sentou a falar connosco desde que foi investido alcalde o pasado 7 de decembro. É unha actitude irresponsábel por parte da máxima autoridade no Concello, que demostra unha total deixadez e unha despreocupación absoluta polo futuro de Burela. O Sr. Llano semella estar máis preocupado polo seus propios intereses e polos do seu partido que polo interese xeral do conxunto dos veciños e veciñas de Burela”, indicou Pillado.
O BNG fai un chamamento ao sentido da responsabilidade e di que aínda hai tempo para salvar a gobernabilidade de Burela.
A pesar das dificultades e aínda que a priori semella complicado acadar un acordo de goberno pola negativa do PSOE a chegar a un entendemento, desde o BNG fan un chamamento ao sentido da responsabilidade e aseguran que aínda se está a tempo de salvar un goberno estábel para Burela. “O Sr. Llano debe abandonar o unilateralismo partidista e os personalismos e pórse a traballar polo ben común canto antes. Se de verdade lle preocupa un pouco o futuro inmediato de Burela, non ha de ser tan complicado atopar puntos en común para pór o Concello ao servizo do conxunto das veciñas e veciños de Burela”, sinalou Pillado.
Para os nacionalistas, o acordo pasa por concretar unha axenda local en base a cuestións programáticas que teña en conta as principais necesidades de Burela, e isto non se pode garantir sen a presenza do BNG no goberno. A única fórmula que contemplan os nacionalistas pasa por asumir responsabilidades dentro dun goberno compartido e descartan apoios puntuais se non hai un acordo en base a un programa de goberno.
Mario Pillado defende o compromiso do BNG fronte ás outras forzas políticas.
O portavoz municipal do BNG, Mario Pillado, aclarou que “o ideal tería sido chegar ao pleno de constitución cun acordo de goberno, mais a actitude pasiva e despreocupada do Sr. Llano impediron pechar unha proposta de goberno antes do 7 de decembro”. Neste sentido, Pillado lembrou que por este motivo o BNG non deu o seu apoio á investidura de Alfredo Llano, a pesar de que desde o PP se está a tentar trasladar a idea de que o BNG facilitou a investidura do candidato socialista. “O PP sabe perfectamente que na sesión constitutiva do día 7, unicamente o PSOE presentou candidato á alcaldía e que foi investido cos únicos votos dos concelleiros e concelleiras socialistas. Se queren poden seguir xogando a xerar confusión e a sementar dúbidas para ver se pescan algo en augas revoltas, mais eu penso que deberían preocuparse un pouco máis por pór rumbo ao seu propio barco se non queren seguir á deriva despois de colleitar o peor resultado eleitoral do PP desde que Burela é concello”, concluíu Pillado.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



