Viveiro, 25 de xaneiro, 2020. As obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola normativa da Xunta de Galicia ( Lei 3/2007 do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza, Lei 6/2011 do 13 de outubro, de mobilidade de terras, Lei 7/2012 do 28 de xuño, de montes de Galiza e Lei de acompañamento de Orzamentos da Xunta) exixe que os terreos límitrofes ás pistas e estradas deben estar libres de arborado nunhas distancias mínimas que van, en función do tipo de plantación, desde os 2 metros até os 10 metros de dominio público.
Os numerosos temporais de choiva e vento que se rexistraron nestas últimas semanas no concello de Viveiro acarrearon múltiples complicacións a moitas das nosas veciñas e veciños que sufriron as consecuencias das caídas de árbores sobre, entre outras, estradas e pistas, a maioría das cales poderían ser evitables de cumprirse coa normativa autonómica en canto á distancias entre fincas e pistas. Estas incidencias durante as borrrascas, cada vez máis habituais, pon en evidencia o problema e perigo que supón para a nosa veciñanza a masa árborea plantada sen control á beira das estradas e pistas, polo que o BNG presenta o seguinte ROGO á alcaldesa:
Publicación dun bando municipal lembrando da obriga de cumprir coas distancias entre plantacións e vías públicas, tal e como se recolle na normativa da Xunta, para que as persoas propietarias dos terreos a carón das pistas municipais corten pola súa conta todas as árbores que podan pór en perigo a seguridade das persoas usuarias das mesmas, e onde se lles informe que @s titulares destes terreos con arboredo que fagan caso omiso a este bando, pasado o prazo voluntario dado polo concello e previa advertencia do órgano municipal, abriráselles un expte. sancionador coa consecuente multa, á que se poderá sumar, de ser o caso, as actuacións subsidiarias de limpeza realizadas polo concello e ou o decomiso do arboredo.




















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



