Burela, a 24 de xaneiro de 2020.- O Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela asegura que “Alfredo Llano e o seu equipo presumen de cumprir cos prazos legais de pago a provedores e logo resulta que vemos como se retrasan nos pagos, neste caso á empresa que realiza o servizo de axuda no fogar”.
Tal é así que Manuel Rouco considera que o Concello está a por en risco a economía familiar das traballadoras, algunha das cales só conta con eses ingresos na súa unidade familiar. “O que ten que facer, xa que di que a economía local está forte, é pagar debidamente sen atrasos”, manifesta.
Segundo o voceiro dos populares o Concello abonou as dúas facturas correspondentes ao mes de setembro e unha do mes de outubro, pero ten pendentes de pago a segunda do mes de outubro, e as catro correspondentes aos meses de novembro e decembro. “Foi moi sutil Llano dicindo que abonaran dous meses, cando na realidade, cando fixo esas declaracións, pagaran só as dúas facturas que se corresponden co mes de setembro, pero esa sutileza non deixa de faltar a verdade, algo ao que o alcalde xa nos ten acostumados. Enganou ás traballadoras que falaron con el e oculta a auténtica realidade”, defende.
Ademais, Rouco indica que culpar aos funcionarios do impago “é inmoral e impresentable”. Das manifestacións do rexedor despréndese que a causa do impago é a ausencia dunha funcionaria. “O que ten que facer un alcalde que se prece é arbitrar as solucións pertinentes para que estas situacións non se produzan”, afirma.
O voceiro do PP esíxelle ao alcalde que, ao igual que se pagan as nóminas dos empregados municipais, incluída a da do dirixente local ata cando está en funcións, tamén lle hai que pagar a todos e cada un dos provedores, porque, como no caso das empregadas do servizo de axuda no fogar, hai economías familiares que poden resentirse.




















Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



