Ribadeo, a 25 de xaneiro de 2020.- O Partido Popular de Ribadeo urxe ao Concello a arranxar de forma inmediata e a realizar o mantemento das rúas peonís do núcleo urbano. Os populares diríxense así publicamente ao Goberno local, logo de que fosen varias as queixas que recibiron dos veciños e veciñas debido a que estas vías “están cada vez peor”, segundo indica a coordinadora de comercio e relacións coas asociacións do PP ribadense, Marta Saiz, que cita, por exemplo, a rúa Reinante, Rodríguez Murias, Villafranca del Bierzo ou San Francisco.
Debido a que o empedrado desta zona, que rexistra un elevado tránsito ao ser onde se concentra a zona comercial da vila, está solto “xa se produciron varias caídas”. Polo tanto, a falta de mantemento do chan das rúas peonís ribadenses supón “un risco para os viandantes -especialmente para as familias con nenos e nenas ou persoas con mobilidade reducida- e prexudica aos negocios do centro da vila”, engade.
Demandas dos ribadenses
Dende a formación popular sinalan que “sempre manifestamos a nosa vontade de facer unha oposición construtiva e iso é o que pretendemos con esta proposta. Trasladar aos dirixentes locais o que realmente demandan os veciños e veciñas de Ribadeo”. É, por iso, que Saiz agarda que o rexedor “non faga caso omiso da nosa petición que, insisto, non é máis que a dos ribadenses”.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



