Viveiro, 13 de xaneiro de 2020. Mentres en toda Europa se potencia o uso do ferrocarril, na provincia de Lugo e sinaladamente na Mariña resulta cada día máis difícil poder recorrer a este medio de transporte para os desprazamentos. O peche, xa executado por Renfe, da venda presencial de billetes é un paso máis na supresión de servizos aos viaxeiros. O PP de Viveiro presenta unha moción ao pleno para instar ao goberno municipal a que faga xestións para que Renfe repoña a venda presencial de billetes e incremente o número de servizos que ofrece na Mariña. Os edís populares confían en que a alcaldesa, María Loureiro, sexa coherente co seu pasado recente e apoie esta iniciativa, como apoiou, entre outras, a levada a cabo en novembro de 2017 para reclamar mellores servizos ferroviarios na Mariña.
A concelleiro José Soto expón que Renfe vai eliminando prestacións aos veciños. Por un lado, hai menos viaxes diarios dos trens e, por outro, suprímense servizos como o da venda presencial de billetes, o cal obriga aos usuarios a adquirilos ben nunha máquina (en Viveiro, está fóra de servizo e os viaxeiros teñen que coller os billetes xa no tren) ben en correos. O grupo que ten por portavoz a Óscar Rodríguez di: «Esta decisión de pechar nas estacións a venda de billetes prexudica claramente o mantemento dos servizos de calidade e proximidade aos cidadáns do rural, e incide no deterioro dos servizos ferroviarios, ademais da posible perda de postos de traballo de calidade».
Os concelleiros populares de Viveiro resaltan a necesidade do mantemento deste servizo nas estacións de ferrocarril para garantir e preservar en igualdade de condicións a calidade dos servizos a todos os cidadáns. Hai que primar -din- a atención de proximidade aos viaxeiros do rural fronte aos meros criterios económicos, máxime sendo un servizo público esencial. Tamén recordan que hai dous anos Renfe atendeu as xestións realizadas polo Goberno galego e abandonou o plan de peche destes servizos.
Os populares propoñen na súa moción que o pleno acorde «que o equipo de goberno faga as xestións necesarias para solicitar que Renfe rectifique a súa inxusta decisión de suprimir a partir do 1 de xaneiro de 2020 a venda presencial de billetes na estación de Viveiro, privando así aos usuarios do ferrocarril de servizos que estaba previsto manter».
Por outro lado, pretenden que o pleno indique ao goberno municipal que «faga as xestións necesarias para solicitar a Renfe que aumente o servizo de transporte na Mariña, incluídos servizos máis directos desde Viveiro ás zonas de Universidade, para que os estudantes da Mariña poidan desprazarse nun período de tempo razoable. Demandan tamén «un servizo de cercanías máis axeitado ás necesidades da veciñanza para poder desprazarse tanto ao Hospital da Costa como ao resto da Mariña».


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



